Radio ROU
Profesorado alemán visita o noso centro
Estes días estiveron no noso centro dous profesores alemanes dentro dun programa Erasmus+. Participaron en varias clases e puidemos intercambiar ideas con eles para nun futuro formar parte de proxectos semellantes.
Aquí temos a entrevista que lle fixeron os rapaces da nosa radio.
A profe de Xeografía e Historia na nosa radio
Os nosos alumnos Caleb, David, Pedro e Nicolás dirixiron nesta ocasión o Pregunta ROU. A convidada foi Lucía Forno, profe de Xeografía e Historia. Dalle á ligazón e escóitanos!
O tempo na nosa radio
O instituto comezou estes días o novo programa de radio "MeteoROU". O alumnado descubriranos ao longo de todo o curso se o paraugas ou o sombreiro nos acompañarán cada día. Se facedes clic no enlace poderedes escoitalo.
Sabela Hermida no noso centro
Este 24 de abril celebramos o Día do Libro coa charla de Sabela Hermida, actriz e autora do libro María Casares fronte ao espello da editorial Xerais. A charla, organizada por Biblioteca e o EDNL, foi dirixida ao alumnado de 1° de bacharelato que se achegou así á importante actriz María Casares, símbolo do exilio e figura fundamental da cultura da segunda metade do século XX. Sabela Hermida agasallounos tamén cunha entrevista (levada a cabo polas alumnas de primeiro de bacharelato Mencía Qiu, Sofía, Irene e Silvia) gravada na radio. Sen dúbida foi un bo xeito de celebrarmos todo o que nos pode ofrecer un libro.
Podedes acceder á entrevista facendo clic no seguinte enlace.