Iniciar sesión

Secretaría virtual

Bioloxía-Xeoloxía

X OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

Once alumnos de cuarto de ESO e primeiro e segundo de bacharelato participaron na "X Olimpiada de Xeoloxía", que tivo lugar na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A alumna Sabela González Alcántara, de cuarto de ESO, recibiu un accésit correspondente a este nivel. Os nosos parabéns.

X Olimpiada de Xeoloxía from IES ROU on Vimeo.

Programación curso 2021/22

No arquivo adxunto tedes a programación correspondente ao curso 2021/22.

Terror no ROU

Aquí tedes o tenebroso ambIente que había no noso centro o véspera do Día de Todos os Santos (All Hallow's Eve). Foi creado por María Malagón, gravouno Javier López e a edición de vídeo correu a cargo de Iago López Magdaleno.

As mellores fotos

Como recordades, alumnado de terceiro de ESO e de 2º de bacharelato que cursa a materia de xeoloxía fixo unha excursión á Serra do Courel. Na anterior reportaxe pudestes ver as fotos que sacaron os profes. Pero o alumnado tamén ten o seu dereito e organizouse un concurso para seleccionar as mellores. Resultaron premiadas: Celia Alonso, Paula Fernándes, Sara Ferrín e Sabela González. Aquí tedes unha foto do acto de entrega de premios.

Nota: coméntase que as fotos dos alumnos foron mellores cas dos profes :))

O ROU E O COUREL

Alumnado de terceiro de ESO e 2º bacharelato que cursa a materia de xeoloxía realizou unha saída de dous días á Serra do Courel, onde puideron apreciar de primeira man os importantes aspectos biolóxicos, xeolóxicos e etnográficos desta singular paraxe. No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra do que viviron os nosos rapaces.

O Courel from IES ROU on Vimeo.

O ROU e a célula animal

¿Queredes ver unha célula animal xigante? No seguinte vídeo Sofía, de primeiro de ESO e alumna de Bioloxía e Xeoloxía, indícanos como se constrúe unha. Excelente traballo!

MAQUETA CÉLULA ANIMAL from IES ROU on Vimeo.

Prácticas bioloxía

Aquí tedes uns vídeos feitos por alumnos de primeiro de bacharelato sobre algunhas das prácticas que fixeron. Se facedes clic sobre unha das imaxes poderedes acceder ao vídeo correspondente.

Olimpíada de Bioloxía

Alumnado do noso centro participou na convocatoria deste ano da Olimpíada de Bioloxía. Para os rapaces é sempre unha experiencia enriquecedora, na que poden ver a materia desde outro punto de vista.

Os alumnos participantes, acompañados pola profesora María Concepción Pérez García, foron: Iram Ahktar, Iria Alonso Trastoy, Belén Montenegro Viñas e Noel Suárez Barro. Se facedes clic na imaxe poderedes acceder á reportaxe que emitiu a Televisión de Galicia. Nas entrevistas aparecen algúns dos nosos alumnos, recoñecibles polo seu saber estar ante as cámaras.

 

Simulación de movementos tectónicos

No seguinte vídeo tedes o modelado que fixeron algúns alumnos de primeiro de bacharelato sobre a formación de pliegues tectónicos debidos a forzas de compresión. É bastante ilustrativo para entender como se forman ditos pliegues. Bo traballo! 

Modelado de pliegues tectónicos from matesrou on Vimeo.

Visita á Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía

Alumnado de bacharelato e de 4º ESO realizou unha visita á Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A actividade consisitu nun obradoiro de recoñecemento de minerais de visu e a visita a dous laboratorios, un de termografía e outro de explosivos.

No seguinte vídeo tedes un resumo do moito que traballaron os rapaces. 

Visita á Escola de Minas from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido