Iniciar sesión

Secretaría virtual

Francés

Programación curso 2021/22

No arquivo adxunto tedes a programación correspondente ao curso 2021/22.

Postres franceses

Os alumnos de 3º ESO de francés parece ser que son uns bos reposteiros. Aquí tedes unhas fotos para que vexades unha mostra e, para rematar, Sara e Victoria explícannos nun vídeo como facer a "Tarte tatin".

      

Tarte tatin from IES ROU on Vimeo.

Baroque

O alumnado de francés do noso centro tamén quíxose sumar ao noso período histórico escollido este ano: o Barroco. Aquí tedes un par de vídeos para que teñades unha idea do que fixeron.

No primeiro vídeo están algún dos rapaces que participaron.

Baroque from IES ROU on Vimeo.

E neste segundo tedes a presentación que fixeron na xornada de portas abertas.

Baroque from IES ROU on Vimeo.

Horarios exames DELF Scolaire

No arquivo adxunto tedes os horarios para a realización do DELF Scolaire (probas orais). Recordade que se fan no IES de Teis. Boa sorte!

Documentación DELF Scolaire

Nos arquivos adxuntos tedes a documentación que deberedes entregarlle cuberta a Henar antes do luns 19 de febreiro, no primeiro recreo, para podervos matricular e facer as probas.

DELF Escolar

Se queredes presentarvos ás probas do DELF escolar (Diplôme d'Études en Langue Française), que son os diplomas oficiais de lengua francesa expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e recoñecidos internacionalmente por 174 países, deberedes  falar con Henar antes do día 12 de xaneiro. Ela será a encargada de facer a matrícula, xa que é a coordinadora do centro.

Se facedes clic na seguinte imaxe poderedes acceder a máis información relacionada co DELF Escolar.

No seguinte enlace tedes modelos de exame ( http://www.ciep.fr/delf-junior/exemples-sujets ) e nun dos arquivos adxuntos tedes bibliografía para a preparación de dito exame.

Parabéns!

Felicitamos ao alumnado de francés que se presentou ás probas da Alianza Francesa para obter o certificado A2 ou B1. Un 100% de aprobados... e con notazas! No arquivo adxunto tedes a relación do alumnado coas súas calificacións.

Premios aos cadernos de viaxe

Cada un dos alumnos que participou no intercambio con Vannes encheu un caderno de viaxe. Aquí temos a entrega de premios aos mellores de 3ºA e 3ºB.

 

 

   

 

 

Hora de partir

O alumnado francés do intercambio despediuse hoxe coa sensación, según nos contan, de ter vivido unha experiencia moi positiva. Queremos agradecer ás familias a súa colaboración, pois sen elas nada disto sería posibel.

Au revoir e... ata o ano que ven!

Programa Intercambio Vannes

No arquivo adxunto tedes o programa que seguiremos cos rapaces de Vannes. Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro.

Distribuir contido