EE Técnico deportivo en fútbol

O alumnado do ciclo de fútbol visita o CF Valencia

O alumnado do ciclo de fútbol chegou, este luns 25 de abril, a Valencia, acompañado dun dos seus profesores, Gabriel, para visitar á cidade deportiva de Paterna. A viaxe organizouse co alumnado e profesorado do IES Universidade Laboral de Culleredo.

Na xornada da mañá de hoxe, martes 26, comezaron cunha visita ás instalacións e o  visionado dos adestramentos  do Valencia feminino, do xuvenil A e do Valencia Mestalla. 

Un momento destacado foi a charla a pé de campo co corpo técnico deste último:  Ángulo (adestrador), Raúl Pérez (2° adestrador) e Sergi Benet (PF).

Na xornada de tarde, comezaron coa ponencia por parte do departamento de Análise sobre o seu funcionamento. Finalizaron co visionado dos equipos de formación: dende os máis pequenos ate o xuvenil B.

 

Aberta a inscrición para as probas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas


Onte xoves 21 de abril publicouse no DOG  a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

Ten acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou a parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 29 de xuño de 2022.

No IES Río Cabe o próximo curso está previsto impartir o Nivel 1 das ensinanzas de Técnico deportivo en fútbol, polo que calquera alumno/a interesado/a pode obter máis información na Secretaría do centro ou chamando ao teléfono 982828034.

Para máis información preme aquí.

 

 

Cualificacións da proba específica de fútbol

A continuación podedes acceder ás cualificacións das probas específicas de fútbol que tiveron lugar a pasada semana  no IES Universidade Laboral de Culleredo e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Se fas click nos seguintes enlaces poderás acceder a elas:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/acta_futb_culler_200910.pdf

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/acta_futb_pontv.pdf

Protocolo COVID 19 para as probas de acceso ás ensinanzas deportivas

Premendo no seguinte enlace poderás atopar o protocolo COVID-19 para as probas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas cara o curso 2020-2021. Lembramos as datas e horarios de ditas probas:

- Proba de madureza grao medio: IES As Fontiñas, Santiago de Compostela,  día  8 de setembro, das 9:00 ás 13:00 horas.

- Proba específica modalidade fútbol:

As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.

Charla de Jose Durán

O próximo luns, 9 de marzo ás 19:30 h terá lugar na biblioteca do noso centro unha charla por parte de Jose Durán, actual  entrenador do equipo de fútbol Polvorín e ex-entrenador do C.D. Lugo.

  A charla, aberta ao público en xeral, tratará sobre a "Planificación táctica  dun  equipo de fútbol" e está organizada polo Departamento de Educación Física do instituto.

Charla Ciclo de Fútbol

O pasado luns dezaséis de decembro,  unhas trinta persoas relacionadas co deporte, en especial co  fútbol,  asistiron na biblioteca do Río Cabe a unha conferencia do técnico deportivo monfortino Ibán López, segundo entrenador do equipo  feminino da Universidade de Florida. O técnico, que conseguiu que o seu equipo pasase de estar no posto oitenta  a estar entre os vinte primeiros da súa categoria, falou sobre a planificación deportiva ,  a competición norteamericana e as diferencias con España.

A actividade foi proposta polo departamento de Educación Física e dirixida en especial ao alumnado do Ciclo de Fútbol.

Charla de Ibán López

O próximo luns, 16 de decembro, ás 20 h terá lugar no noso centro unha charla por parte do monfortino Ibán López, entrenador do equipo de fútbol feminino da Universidade de Florida. 

A charla, aberta ao público en xeral, versará sobre a "Diferencia organizativa no entorno competitivo do fútbol da NCCA(USA)" e está organizada polo Departamento de Educación Física do instituto.

 

Ciclo Técnico deportivo en Fútbol na Mostra FP Lemos

 

Dentro da Mostra de FP, á que nos referimos noutra entrada, estaba o Ciclo de Técnico deportivo en Fútbol Nivel I, titulación  necesaria  para desenvolver a  función de adestrador dun dos deportes con maior  número de practicantes do país: O fútbol. 

Os alumnos do centro foron encargados de orientar, explicar e divulgar  en que consiste  este ciclo,  así como  as saídas profesionais desta formación, ademais de levar a cabo varias actividades demostrando as habilidades, destrezas e  coñecementos adquiridos durante o proceso formativo.  Neste sentido realizaron pequenos retos  de habilidades e destrezas co balón de fútbol, así como circuítos de condución  e situacións de 1x1.  En todas estas actividades os alumnos do ciclo ían dando pautas aos participantes da mostra de como mellorar a súa eficacia na realización das actividades.

 A nivel xeral a experiencia é  moi construtiva, xa  que permite  visualizar  un dos ciclos formativos menos coñecidos da contorna, ademais  de que só existen 3 centros públicos en Galicia que ofertan este tipo de formación.

 

EE Técnico deportivo en fútbol

Podes acceder a información do Nivel 1 e 2 de fútbol facendo click en cada un deles:

EE Técnico deportivo en fútbol Nivel 1

 

EE Técnico deportivo en fútbol Nivel 2

 

No curso escolar 2018/2019 ofertarase o Nivel 1

Distribuir contido