Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Dinamización lingüística

BLOG SOBRE TOPONIMIA DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE VIGO

O Servizo de Normalización Lingüística do Exmo. Concello de Vigo creou un blog sobre toponimia, que está ó voso dispor no seguinte enlace:

http://toponimiavigo.blogaliza.org/ 

O DUPLO ERRE (REGUEIFA E RAP)

O venres 9 de novembro celebrouse nos locais de VigoSónico o concerto Duplo R, no que participaron algúns alumnos e exalumnos do IES San Tomé de Freixeiro.


Merece especial mención a marabillosa actuación de Alba María Rodríguez Díaz, rodeada por tres auténticos monstros da regueifa, ós que non lles perdeu a cara. Parabéns Alba.

Alba viña de invitada,

non quería ser comparsa.

Os artistas comentaban:

esta Albiña é unha pasada.

Bieito Lobariñas, Josiño da Teixeira, Alba María e Luís Caruncho despois de actuaren

 

 

 

Un momento da actuación de AID

ALBA NO FESTIVAL DUPLO R

 

NO PRÓXIMO CONCERTO DUPLO R PARTICIPARÁ NO APARTADO DE REGUEIFAS A NOSA ALUMNA DE 2º D

DE BACHARELATO ALBA MARÍA RODRÍGUEZ DÍAZ.

 

Esperámosvos para vos divertir e de paso animar á nosa compañeira

 



XUNTANZA PARA A ELABORACIÓN DA REVISTA O GALO MILLARENGO (2012-2013)

O GALO MILLARENGO 2012-2013

 

 

 

O próximo venres 26 de outubro terá lugar ás 11.30 na sala pequena unha xuntanza para pór en

marcha a(s) edición(s) da revista O Galo Millarengo correspondente(s) ó presente curso.

 

Animámosvos a que acudades e acheguedes as vosas propias ideas para que novamente fagades

cantar o galo alto e claro este curso.

E FREIXE

 


TELEXORNAL SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE

A TRAVÉS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE VIGO OFRECÉMOSVOS UN INTERESANTE TELEXORNAL REALIZADO POLOS ALUMNOS DO CPI DOS DICES (ROIS, A CORUÑA) Ó QUE PODEDES ACCEDER NO SEGUINTE ENLACE.

PRIMEIROS ENSAIOS PARA O RECITAL DE CELSO EMILIO

O próximo martes 17 de abril ás 17.00 h reunirémonos para ir preparando o recital que conmemora o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Procurade acudir todos. Comezaremos os traballos nunha aula e ás 18.00 pasaremos ó salón de actos.


NOVO DICIONARIO ON LINE DA REAL ACADEMIA GALEGA

Dámosche a seguir o enlace co novo dicionario da Real Academia Galega da Lingua. Pono no escritorio do teu ordenador entre os favoritos e así poderás telo sempre a man. Serache de moita utilidade, xa verás.

Accede desde AQUÍ