Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Dinamización lingüística

INICIATIVA "SERMOS GALIZA"

POR UN MEDIO DE COMUNICACIÓN (EN) GALEGO

 

Afirma un proverbio suahili, que agora facemos galego, que quen sabe falar nunca é pobre. Hoxe somos, como pobo, un pouco máis pobres que onte. Nestes últimos tempos nós fomos quedando case sen fala, devagar, case que por descoido, coma quen queda de portas para fóra por deixar o chaveiro dentro da casa. A nosa voz esvaeuse no vento como minguaba a imaxe daquel científico tolo que experimentaba con beberaxes na procura da invisibilidade. 

Non nos referimos con esta imaxe ao estado da saúde de cadaquén, senón á desaparición de medios de comunicación galegos. Foise a histórica cabeceira A Nosa Terra, recluída nas hemerotecas como Merlín en Brocellanda, xunto con Galicia Hoxe e finalmente a edición impresa do Xornal de Galicia. Xa se anunciou tamén o peche da súa edición dixital para finais de ano. Debemos lembrar que con anterioridade xa desapareceran Vieiros e A Peneira entre outros. Dun tempo para esta parte desapareceron case todos os medios de comunicación en galego.

Alguén podería pensar que esta afonía social se debe a un mal aire, coma se fose unha gripe de outono. Tamén podería pensar, no mesmo sentido naturista, que o seu carácter é pasaxeiro e que logo dun tempo prudencial as nosas voces volverán a se escoitar, se cadra con maior vigor. Falso. Non ten nada de natural que este andazo de afonías afecte só a medios en galego. Do mesmo xeito, tampouco é natural que unha gripe afecte unicamente ás persoas que levan o pelo curto, por poñer un exemplo de arbitrariedade.

A verdade é que non podemos falar porque nos estrangulan, porque queren afogar a nosa voz debido a que as nosas palabras molestan. As rudas e as feas anoxan, as cultas e elegantes incomodan, as túzaras e as máis intelixentes estorban, as maliciosas e as ben intencionadas chinchan por igual, as críticas proen como a rabia. Mesmo as palabras máis simples e inocentes provocan incomodo. Causan unha aguda e impertinente irritación nos oídos de quen nos odia.

Estamos nunha disxuntiva. Podemos non facer nada, ou laiarnos como moito e, xogando con aquela idea, se as persoas de ben non fan nada, daquela o mal triunfará. Deste xeito ficaremos sen voz, mudas e mudos todos, para sempre. A segunda posibilidade, en troques, consiste en loitar e ceibarse do xugo que nos afoga.

No segundo caso, o camiño que debemos tomar é construírmos o noso espazo comunicativo propio, do mesmo xeito que, nas épocas de seca sen chuvias, se cava un pozo para poder ter de onde sacar auga. Chamamos pois a coller a pa e a luxar as mans co traballo. Unha xigantesca tarefa vólvese pequena se traballamos todos e todas. Somos conscientes das posibilidades que abre o proxecto que nos dispoñemos a presentar. Saudamos, pois, a Iniciativa social por un medio de comunicación «Sermos Galiza».

 

PREMIO IBEROAMERICANO SM DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Fernández Paz gaña o Premio Iberoamericano SM

 de Literatura Infantil e Xuvenil

 

 

VER ADXUNTO

A VOLTA DO GALO MILLARENGO

Poderiamos definir o galo millarengo como un galo novo, rufo e que gusta da troula. A imaxe de ímpetu e alegría que transmite este concepto acáelle moi ben ó espírito da revista do centro que creara xa hai ben de anos Víctor Freixanes cando impartía aulas no noso instituto. Longa vida ó Galo Millarengo !!! 

LEXISLACIÓN SOBRE A LINGUA GALEGA

A seguir tedes o enlace coa Secretaría Xeral de Política Lingüística que vos permitirá solucionar dúbidas verbo da lexislación, actividades, cursos, etc.

 

www.xunta.es/linguagalega/lexislacion_0