Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Dinamización lingüística

Novas en prensa: recorte dun 70 % para o fomento do galego (en castelán)

RECORTE DUN 70 % PARA O FOMENTO DO GALEGO NOS CENTROS DE ENSINO

(en castelán)

Ver adxunto.

IV CERTAME "XOSÉ MANUEL ENRÍQUEZ"

LETRAS GALEGAS 2012

IV CERTAME XOSÉ MANUEL ENRÍQUEZ

 

Modalidades:

relato breve

poesía

cómic

cartel

 

 

MÁIS INFORMACIÓN EN FICHEIRO ADXUNTO

PESAR POLO PASAMENTO DE DON ISAAC DÍAZ PARDO

Isaac Díaz Pardo

(Santiago de Compostela 1920 - A Coruña 2012)

 


 

Este equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) súmase ó escrito da CGENDL que se reproduce a seguir:

NO CENTENARIO DO NACEMENTO DE CELSO EMILIO FERREIRO

CENTENARIO DO NACEMENTO DE CELSO EMILIO FERREIRO MÍGUEZ

(Celanova 1912- Vigo 1979)

unha pequena homenaxe musical

 


 

 

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dáme a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garavata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estúpidos,
non falo prós baleiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de 
            tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...


 

LETRAS GALEGAS 2012 VALENTÍN PAZ ANDRADE

LETRAS GALEGAS 2012

O ANO DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

(Lérez 1898- Vigo 1987)

 

 

 

 

               

Cando ti volvas...



NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...

 

(Pranto matricial, 1955)


 


FELICES FESTAS DE NADAL

Con este cartel do Concello de Vigo queremos felicitarvos a todos estas festas e desexarvos un 2012 cheo de cousas boas. 


OS NOMES PROPIOS DE MULLER E HOME. CONSULTA RÁPIDA.

ANTROPÓNIMOS GALEGOS (NOMES PROPIOS)

Ofrecémosvos a seguir, para todos os que sintades curiosidade, un enlace para consultar o significado e orixe do voso nome de pía (antropónimo). Evidentemente, existen varios libros e dicionarios especializados onde se recollen a historia, portadores famosos do nome, orixe(s) posibles, equivalencias do nome noutros idiomas, etc., pero ben vos pode servir este enlace para unha aproximación urxente.

PASEN E VEXAN PORQUE... HAI MARABILLOSOS ANTROPÓNIMOS PARA TODOS!! 

 

PREME AQUÍ 

EXPOSICIÓN "O SON DAS ONDAS. O VIGO MEDIEVAL E A LÍRICA TROBADORESCA"

O son das ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca.

Ata o día 2 de xaneiro de 2012 estará aberta en sete salas do segundo andar do pazo de Castrelos a exposición "O son das ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca".

A exposición foi producida por Editorial Galaxia e Merlín Comunicación e comisariada por Henrique Monteagudo, con deseño a cargo de Xosé Díaz. Non deixedes de visitala os martes, mércores, xoves e venres das 10 ás 20 horas; os sábados, de 17 a 20 horas e os domingos e festivos, de 10 a 13.30 horas.Se se desexa concertar visitas en grupo, pódese chamar ó teléfono 986 29 50 70 do museo de Castrelos. 

A lingua sabe a pan... pero bótase de menos

Botádelle unha ollada a este marabilloso vídeo realizado por alumnos do CPI Virxe da Saleta de Cea. Vaivos gustar a música... e a letra. Ai a letra! A letra aínda vos gustará máis! Coma o pan de Cea. Bo proveito!


 


PREME AQUÍ

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

CARTEL DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. A MULLER NA CIENCIA.