Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Dinamización lingüística

Obradoiro de esencias a partir de plantas aromáticas

A proposta da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, terá lugar no noso centro a actividade "Obradoiro de esencias a partir de plantas aromáticas". 

A actividade enmárcase na celebración do Día da Ciencia en Galego, a muller na ciencia.

Máis detalles a seguir no ficheiro.

 

 

 


A MORTE NA LITERATURA E NA TRADICIÓN (carteis)

TRÍPTICO DE CARTEIS SOBRE A MORTE NA LITERATURA E NA TRADICIÓN EXPOSTOS NA ACTIVIDADE "A PORTA ENTRE OS DOUS MUNDOS".

 

ACCEDER A PDF

O SAMAÍN (carteis)

Aquí tedes as láminas explicativas da exposición sobre o Samaín.

 

En ficheiro PDF

A PORTA ENTRE OS DOUS MUNDOS

A PORTA ENTRE OS DOUS MUNDOS

O SAMAÍN

Este é o título da exposición que desde o xoves 27 de outubro ata o venres 4 de novembro podemos contemplar no vestíbulo do noso IES. Coinciden (non por casualidade) nestas datas celebracións culturais procedentes de diferentes lugares e tempos, no noso caso: o Samaín (de tradición celta) e os "altares de muertos" (México), celebracións ás que se suman interesantísimas referencias funerarias da Antigüidade clásica. Estamos diante dun traballo no que colaboraron activamente alumnos de 1º de bacharelato coordinados pola vicedirección (altar de muertos dicado a Víctor Jara); alumnos de 1º de ESO (o Samaín), coordinados polo EDLG. Os alumnos e alumnas de primeiro ciclo de ESO realizaron algúns obxectos funerarios baixo a supervisión do profesor Lillo Redonet.

As exposicións veñen acompañadas de máis de 50 carteis informativos que nos achegan no caso do Samaín á festividade celta que celebra o paso da época das colleitas (a vida) ó inverno (a morte). O Samaín (palabra de orixe geélica) permanece viva en Galicia e celébrase na noite do 31 de outubro ó 1 de novembro, cando as almas dos defuntos veñen do máis alá para reunirse cos vivos.

Tamén se recolle na actividade unha breve alusión visual á morte na literatura e na tradición. Como mostra da temática da morte na literatura reprodúcese íntegra a obra de Castelao Un ollo de vidro. Historias d'un esquelete.  

 

 

 

 

ALGÚNS ENLACES DE INTERESE:

A Vieiros

B Wikipedia

Para máis cativos


TODO SOBRE A MÚSICA GALEGA

Podes atopar este enlace no Departamento de Música, pero deixámoscho tamén aquí por se che interesa coñecer autores, historia, cancións e, en xeral, todo o relacionado coa nosa música.

Para acceder preme aquí.

O HOME QUE FALABA VEGLIOTA, DE REIMUNDO PATIÑO

O MACBA (Museu d'Art Contemporani de Barcelona) adquiriu para a súa colección permanente unha obra do artista Reimundo Patiño, nacido na Coruña en 1936 e morto en 1985. A pinacoteca nacional mercou por 27.000 euros a obra, unha serigrafía con texto en galego que forma parte do cómic O home que falaba vigliota (1971), toda unha metáfora sobre a situación da lingua nesa época como consecuencia da represión á que foi sometida durante a ditadura franquista. 

O home que falaba vigliota é unha "contundente crónica satírica na que ata o Papa e o Pentágono perseguían o último falante de vegliota para exterminalo. Ata que o Gran Asasino Mundial Pepiño Manteiga acabou co último falante", resumía nun artigo o pintor Antón Patiño, curmán do debuxante.

O Macba (Museu Nacional d'Art de Catalunya) posúe tamén obra de Reimundo Patiño. Entre os seus fondos figura unha colección de doce serigrafías sobre táblex pertencentes tamén a O home que falaba vigliota e que foron expostas con ocasión de mostras colectivas.

O Museo Carlos Maside, en O Castro de Samoedo, en Sada, posúe tamén varias obras de Reimundo Patiño, que comezou a debuxar cando, por mor dunha doenza ósea, tivo que gardar cama durante cinco anos. Os seus primeiros cadros datan da década dos cincuenta, época na que fundou a Liga Nórdica.

(Tradución da nova aparecida en El Faro de Vigo o 14 de outubro de 2011)

Para saber máis sobre Reimundo Patiño e a súa obra preme aquí.

O HOME QUE FALABA VEGLIOTA, DE REIMUNDO PATIÑO

CONFERENCIA OBRADOIRO "MITOLOXÍA FUTURA"

Xan Eguía falará o luns 24 de outubro, entre outras cousas sobre os mundos mitolóxicos pasados e presentes e as súas relacións. É autor d'A lenda de Cuaima e Mohan, sobre a que se fala no seu orixinal e entretido blog ó que podedes acceder se premedes aquí.

DÚBIDAS LINGÜÍSTICAS

OFRECÉMOSVOS UN ENLACE COA ÁREA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A SOLUCIÓN DALGUNHAS DÚBIDAS LINGÜÍSTICAS

 

PREME AQUÍ

LINGUAS VEHICULARES DAS DIFERENTES MATERIAS POR NIVEIS

RELACIÓN DE MATERIAS POR NIVEIS QUE SE DEBEN IMPARTIR EN LINGUA GALEGA