Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Dinamización lingüística

XUNTANZA RECITAL CELSO EMILIO FERREIRO

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA DEFINIR ASPECTOS DO RECITAL DE CELSO EMILIO FERREIRO

VER ADXUNTO

O SAN TOMÉ NO CERTAME DE REGUEIFAS 2012

VIVAN O NOSO E AS NOSAS REGUEIFEIRAS!!!!

 

 

A regheifa está na mesa

no medio ten unha palla

con permiso dos señores

voulle meter a navalla.

 

 

 

O pasado venres 16 de marzo por primeira vez os alumnos do noso IES participaron no certame escolar de regueifas que organiza a Concellería de Normalización Lingüística do Excmo. Concello de Vigo. Á cita acudiron 40 alumnos acompañados polos profesores Lucía, Diego e Miguel.

Un total de 10 alumnos tiveron o honor de representarnos e competir con outros centros da nosa cidade, a maioría cunha dilatada experiencia neste tipo de certames. Pero os nosos "novatos" deixaron o pavillón moi, moi alto, tal como recoñecerían os responsables do evento.

Os participantes foron os seguintes: María Raquel Fernández Cons, María Mancebo Bettremieux e Carla Philippon Loureiro, de 1º D de ESO; Francisco Javier Comesaña Saborido (3º D); Alicia Fátima Toucedo Bárcena e Carlota Albardonedo Varela, de 1º A de bacharelato; e, finalmente, Beatriz Pérez Monje, Sara Porrit Marchena, Alba M.ª Rodríguez Díaz e Nicole Ucha Villar, de 1º E de bacharelato. Mágoa que outras marabillosas participantes estivesen indispostas; tamén a nosa gratitude a elas por seren boas regueifeiras: Azar El Rhomri Teijeiro e Aldara González Conde (1º E de bacharelato).

O acto, no que estiveron as cámaras da TVG (para as que foi entrevistada María Mancebo Bettremieux) e algún reporteiro doutros medios, foi presentado e guiado por Luís Caruncho e mais Pinto d'Herbón e tivo unha duración aproximada de 3 horas. Asistiron os representantes de Normalización do Concello e o propio concelleiro, Manuel Fernández Pérez.

Tres alumnas do noso centro pasaron a eliminatoria e acadaron as semifinais: Sara Porrit Marchena, Alba M.ª Rodríguez Díaz e Nicole Ucha Villar.

Á gran final (na que participaron só 4 regueifeiros) accedeu Alba, quen, sen dúbida, foi a mellor do certame (con diferenza e permiso dos seus compañeiros).

O EDLG quere agradecer a todos os alumnos participantes nas xornadas e no certame o seu entusiasmo, esforzo e comportamento exemplares; tamén agradecer ós profesores Lucía e Diego a súa colaboración (sen esquecernos das facilidades dadas pola dirección do centro) para que toda esta primeira incursión no mundo das regueifas fose tan exitosa. Grazas a todos.

 

O certame nos medios (inclúe fotografías e vídeos) AQUÍ. Tamén AQUÍ.

 

A regheifiña do que non se atreveu a saír

 

Quen che dixo que non sirvo

nisto de armar regueifas?

Voute deixar espidiño,

logo non veñas con queixas.

 

Que se os do San Tomé somos

señoritos de cidade,

tamén che temos sabenza

en regueifar de verdade.

 

E se pensas que che minto,

atrévete, galopín,

que son moza espelida,

máis lista (e guapa) ca ti.

 

Ademais, debes saber

que non regueifo eu soa,

no meu centro somos moitos

e o máis parvo fai filloas:


María, Carlota, Javier,

Alicia, Beatriz e Sara,

Raquel, Carla e Nicole,

ata chegarmos... a Alba. 

 

 

E regueifa que regueifas

a leria vai rematando

os regueifeiros do insti

poñen fin no verso cuarto.

 

 

 

ALGUNHAS FOTOS DO EVENTO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

*****

 

 

 


CERTAME DE REGUEIFAS

CERTAME DE REGUEIFAS

 

O venres 16 de marzo terá lugar na CVC de Valadares o certame de regueifas que organiza anualmente a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

O IES San Tomé de Freixeiro (como non podía ser doutro modo) presentará ó certame un total de 13 alumnos (de 1º, 3º e 4º de ESO, así como de 1º de bacharelato) escollidos polos monitores que impartiron as sesións. Ó acto acudirán ademais, en calidade de público, sobre 30 alumnos e alumnas que participaron nas sesións previas dos días 23 de febreiro e 8 de marzo.  

 

SORTE!!!!!

E xa sabes meu amigo

que se queres regueifar

non penses que son un parvo

sonche duro de pelar 

 

 

 


OBRADOIRO DE REGUEIFAS

A Concellería de Normalización Lingüística, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar:

 


OBRADOIROS DE REGUEIFAS


Os obradoiros teñen a intención de ser unha porta á nosa tradición e cultura oral, pero que responden á necesidade de coñecer a rima, o ritmo, a métrica... a poesía.

No IES San Tomé de Freixeiro terán lugar en dúas quendas: os xoves 23 de febreiro e 8 de marzo de 12.00 a 13.30 aproximadamente. 

Asistirán alumnos dos primeiros de ESO (sobre 35 alumnos), algún de 3º de ESO e 1º de bacharelato (10, pertencentes maioritariamente ós grupos A e E).

A listaxe definitiva será comunicada á xefatura de estudos en breve.

 



Polo San Valentín todas as cartas de amor son ridículas

TODAS AS CARTAS DE AMOR SON RIDÍCULAS

 

 

Todas as cartas de amor são

Ridículas.

Não seriam cartas de amor se não fossem

Ridículas.

 

Também escrevi em meu tempo cartas de amor,

Como as outras, 

Ridículas.

As cartas de amor, se há amor,

Têm de ser 

Ridículas.

 

Mas, afinal,

Só as criaturas que nunca escreveram

Cartas de amor

É que são

Ridículas.

 

Quem me dera no tempo em que escrevia

Sem dar por iso

Cartas de amor

Ridículas.

 

A verdade é que hoje

As minhas memórias

Dessas cartas de amor

É que são

Ridículas.

 

(Todas as palavras esdrúxulas,

Como os sentimentos esdrúxulos,

São naturalmente

Ridículas).

 

Álvaro de Campos (Fernando Pessoa)

CORRECTOR DE GALEGO

CORRECTOR ORTOGRÁFICO

 

Aínda que o noso coñecemento do galego é moi grande, ás veces temos dúbidas sobre usos de v ou b, h terminacións, etc. Por esa razón, non está de máis poder botar man a algunha ferramenta como pode un corrector ortográfico na Rede. Non resolven todos os problemas (nin moito menos), especialmente os de tipo sintáctico, pero poden axudar. Aquí che deixamos un enlace útil: http:sli.uvigo.es/corrector/ 

O GALO MILLARENGO I EN EDICIÓN DIXITAL

O GALO MILLARENGO XA CAEU NA REDE

 

Despois de aparecer o primeiro número do curso 2011-2012 d'O Galo Millarengo en formato convencional, agora podemos ofrecervos a versión dixital, simplemente con premer aquí.

 


ACTUALIDADE: NOVO XORNAL DIXITAL INTEGRAMENTE EN GALEGO

NOVA PUBLICACIÓN DIXITAL EN GALEGO: PRAZA PÚBLICA

 

No medio do triste panorama que representa a progresiva e alarmante desaparición de medios de comunicación en galego (Vieiros, Xornal, A Nosa Terra, Galicia Hoxe...) de cando en vez vénnos dar luz unha tímida raiola. Para todos aqueles que queren exercer o seu lexítimo dereito a ler en galego un xornal, informamos da aparición dunha nova publicación en galego de natureza dixital, á que podedes acceder no enderezo http://praza.com/.

VIAXE ÁS COVAS DO FOLÓN

VIAXE ÁS COVAS DO FOLÓN

Unha viaxe no tempo por Vigo

 

 

 


 

Mentres outros perden o tempo e/ou nos fan perder o noso, non estaría de máis que xogásemos, aprendésemos e mesmo gañásemos fantásticos premios na actividade impulsada por Normalización Lingüística do Concello e Vigo e dirixida (entre outros) ó alumnado de 1º de ESO.

O obxectivo deste proxecto é ofrecer unha ferramenta lúdica para que os estudantes de 3º ciclo de primaria e de 1º da ESO dos centros de Vigo descubran a súa cidade a través da súa historia, do seu patrimonio e da súa lingua (toponimia e micro-toponimia).

 

Esta ferramenta será un VIDEOXOGO, tipo aventura gráfica, no que os participantes farán unha viaxe nunha máquina do tempo que atoparán nas covas do Folón, en Coruxo.

Trátase dun xogo en rede, polo que será necesario para participar dispor dun computador con conexión a Internet e unha resolución de pantalla de 1.024 x 768 píxeles ou superior.

O sitio web http://www.viaxeascovasdofolon.com dará soporte a todo o proxecto. Haberá que acceder a el para rexistrarse, xogar, consultar as clasificacións...

Para xogar cómpre resistrarse como participante. Este rexistro debe facelo unha persoa maior de idade, que chamaremos titor/a. Esa persoa poderá dar de alta tantos xogadores como queira cubrindo un sinxelo formulario.

Os participantes só terán que introducir o seu nome de usuario e un contrasinal para acceder ó xogo. 

 

Accedede canto antes para participar no concurso que comeza o 2 de febreiro e remata o 25 de marzo. Haberá marabillosos premios. Animádevos!!!

Unha carta e unha flor no día de San Valentín

Unha carta e unha flor no día de San Valentín

ver arquivo adxunto