Exames extraordinarios de maio. ESO

Calendario dos exames extraordianrios de maio. ESO. enlace

Curso on line de seguridade TIC e menores

El curso "Seguridad TIC y menores de edad" se plantea con la finalidad de que padres, madres, tutores y educadores conozcan e interioricen los diferentes riesgos a los que se pueden enfrentar los menores de edad, en su uso cotidiano de las nuevas tecnologías de la información y la comunicación (TIC).

No seguinte enlace tedes toda a información e podedes rexistrarvos para participar nel. enlace

Alimentación actividade física e saúde

O día 21 de abril teremos no IES unha charla dentro do ciclo de conferencias "Alimentación, actividade física e saúde". Este ciclo organizado pola Real Academia de Mediciña e Cirurxía de Galicia co patrocinio da Diputación de A Coruña xurdíu pola necesidade de dar resposta aos problemas de sobrepeso e sedentarismo que afecta a un sector importante da poboación e cada vez a persoas máis novas.

CONCURSO DÍA DO LIBRO

Anímate a participar no concurso de recomendacións de lecturas.

Podes participar dende o xoves 16 ata o martes 21 de abril, ou ben na biblioteca en formato papel, ou ben neste enlace.

O xoves 23 de abril, día mundial do libro entregaranse os premios.

Alumnado premiado no concurso de guións contra a violencia de xénero.

O pasado 9 de abril alumnado de 4º de ESO recibiu o premio do concurso de guións contra a violencia de xénero convocado pola Diputación da Coruña. O resultado foi acordado por unanimidade, polo que aumenta o mérito do traballo presentado.

ABRIL 2015- CONCURSOS NA BIBLIOTECA

Neste mes de abril multiplícanse os concursos na biblioteca do teu centro.

      

 

TRIP TO LONDON: Excursión cultural a Londres 4º ESO

A vindeira semana, do 13 ó 17 de abril, 21 rapaces e rapazas de 4º de ESO viaxarán a Londres para coñecer a capital, practicar o inglés que levan aprendendo (case) toda a vida e vir cargados de bos recordos. Todos ( alumnos e familias) traballaron duramente nos pasados meses para lograr financiar en parte o custe dunha viaxe deste tipo así que por fin poderán gozar da recompensa a ese esforzo.

CONCURSO: MÚSICA DE CINE

Para relaxarvos un pouco, entre exame e exame, a Biblioteca do centro invítavos a participar nun CONCURSO MUSICAL en relación con BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS.

Os que estedes interesados (calquera membro da comunidade escolar) deberedes seguir estes pasos:

Mostra de curtas do alumnado de 4º de ESO

GALERÍA DE IMAXES

 

Este curso as actividades propostas desde o grupo da biblioteca xiran en torno ao cine. Por iste motivo o director de cine Luis Avilés impartiu ao alumnado de 4º de ESO un curso para a realización de curtametraxes empregando as cámaras dos móbiles.

No cartaz podemos ver a invitación para a mostra a celebrar na casa da cultura do concello de Outes.

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO 2015

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional pon en marcha a 6ª edición do programa Campus Científicos de Verano dirixido a 1920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bachalerato.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de marzo.

Máis información na páxina web http://www.campuscientificos.es

Powered by Drupal - Design by artinet