VIII SEMANA GASTRONÓMICA

 

 

 

 

 

 

  

Aquí podedes consultar as normas do concurso.

 

 

 

 

 

 

Campus de Verán Científico-Técnico. LUGO

O obxectivo principal do Campus é fomentar o voso interese pola Ciencia e a Tecnoloxía, e tamén informar das titulacións relacionadas con elas no Campus de Lugo e das súas saídas laborais. É eminentemente práctico, con obradoiros e proxectos científicos ou técnicos nos que tedes un contacto directo coas diversas ramas da Ciencia e da Tecnoloxía e coa contorna universitaria. Enlace.

Campus científicos de verano 2014

Durante siete días los participantes en CCV 2014 estarán en contacto con la investigación científica, participando en un proyecto de acercamiento científico especialmente diseñado para ellos por profesores de Universidad y de Enseñanza Secundaria. El programa se completará con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos y centros de ciencia…) y deportivas.

ACTIVIDADES da II SEMANA CULTURAL do IES (centradas no mundo da CIENCIA)

Vimos de clausurar a II Semana Cultural do IES Poeta Añón, adicada á Ciencia con actividades moi variadas nas que, dun ou doutro xeito, participou todo o alumnado do centro.

Deixámosvos aquí varias presentacións que recollen distintos momentos das iniciativas levadas a cabo nesa semana do 24 ó 28 de febreiro.

LUNS 24 FEBREIRO: María Canosa e Jorge Mira

 

MARTES 25 FEBREIRO: "Ciencia divertida para todos"

 

XOVES 27: Xogos de inxenio

 

VENRES 28: Charla de Francisco Sóñora (Proxectos Oceántica e Climántica)

 

Pensamos que pagou a pena e esperamos poder repetir o éxito deste ano en vindeiras edicións.

 

8 de marzo Día Internacional da Muller

Aquí encontraredes un enlace sobre os dereitos das mulleres en España ao longo dos últimos 100 anos,así como unha comparativa dos dereitos das mulleres en distintos países para poder reflexionar sobre de onde vimos, ata onde chegamos e a onde nos levarán reformas retrógradas como a nova ley do aborto.

Festival de entroido 2014

Nos seguintes vídeos podemos ver imaxes do festival do entroido deste ano.

Parte A       Parte B        Prémios

 

Congreso Xuvenil Internacional OCEÁNTICA

Campus do Mar, co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), convoca a segunda edición do Congreso Xuvenil Internacional OCEÁNTICA, co obxectivo de sensibilizar sobre a sustentabilidade nos espazos de interacción mar-terra-poboacións humanas nos sistemas costeiros e sobre o reto do cambio climático dirixido a estudantes de sexto curso de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade.

II SEMANA CULTURAL do IES POETA AÑÓN ( 24 ao 28 de febreiro 2014)

O vindeiro luns dá comezo a II Semana Cultural do IES Poeta Añón con actividades de diferente tipo para tódolos niveis da ESO. Nesta ocasión tratarase de dar difusión a temas relacionados co mundo da CIENCIA e a TECNOLOXÍA aproveitando que, agora máis que nunca, precisan do noso apoio, coñecemento e divulgación.

Este é o programa detallado de actividades:

 

Plan Navega con Rumbo

O xoves 13 de febreiro o alumnado do IES participará en actividades para fomentar o uso seguro das novas tecnoloxías dentro do programa Navega con Rumbo creado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Presentación do Conselleiro de Educación.

 Alumnado de 3º e 4º de ESO: 13:15 horas

Powered by Drupal - Design by artinet