EXAMES DE SETEMBRO. CURSO 2012-13

CALENDARIO DE EXAMES PARA O MES DE SETEMBRO

Exames para ESO                   Exames para EPA

A entrega de notas realizarase o xoves 5 de 10-11 horas.

Prazo de reclamacións: 5 e 6

Resolución de reclamacións: luns 9 de 10 a 11 horas.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2012-13

Un ano máis rematamos o curso co festival Rock in Tines 2013.

Nos seguintes enlaces podedes ver os vídeos das actuacións.

PARTE A PARTE B PARTE C PARTE D

 Este ano contamos coa actuación de Meridiano 0. Moitas grazas.

Parte A                   Parte B

Fin de curso 2012-13

Rematamos o curso e despedimos a outra promoción de alumnos de 4º de ESO. Na galeria podemos ver as fotos da comida. enlace

Unha foto de mostra acompañados polos titores.

VERÁN DE LIBRO: proposta de lecturas e películas da biblioteca

Como vén sendo habitual por estas datas, deixámosvos NESTE ENLACE a nosa proposta de lecturas -e películas- para as vacacións. Lembrade que a biblioteca ofrece un servizo de empréstito de fondos para o período estival.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO. Curso 2013-14

Os prazos para a solicitude das axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2013-14 son os seguintes:

25 de xuño ao 26 de xullo. Alumnado que supere o curso en xuño.

2 de setembro ao 2 de outubro. Alumnado que se presente á convocatoria de setembro.

Premios Ejército 2013

O martes 28 de maio recollimos o 1º premio na categoría regional dos premios Ejército 2013. Nas seguintes fotos pódese ver unha mostra do acto que tivo lugar no Palacio da Capitanía Xeral de A Coruña. Noraboa aos participantes e a profe de EPV.

I SEMANA CULTURAL: Teatro co CRD de Valadares (Outes)

Onte luns, tralo encontro con Xosé Neira Vilas, o Centro de Recursos para persoas Discapacitadas de Valadares compartiu co alumnado do IES dúas representacións teatrais interpretadas por usuarios e monitores do centro. Dous ex-alumnos do instituto, Rubén e Cristina, subiron ó escenario cos seus compañeiros para novamente darnos unha lección a todos, de saber estar e saber actuar.

Clicando AQUÍ veredes algunhas imaxes máis que recollen distintos momentos das obras.



I SEMANA CULTURAL do IES: Encontro con XOSÉ NEIRA VILAS e con MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xa estamos metidos de cheo na celebración da I Semana Cultural, coincidindo coa conmemoración das Letras Galegas.

Onte acudimos á Casa da Cultura de Outes para escoitar a voz de XOSÉ NEIRA VILAS e para celebrar con el o 50ª aniversario de MEMORIAS DUN NENO LABREGO. O escritor de Vila de Cruces falou para o alumnado dos dous colexios do concello, do instituto e tamén para os usuarios do CRD de Valadares, e respondeu ás súas preguntas lembrándolles que para escribir "DÉBESE DE LER MOITO E LER BEN".

NEIRA VILAS co alumnado do IES POETA AÑÓN

Neira Vilas, sempre cercano ó público máis novo, rematou este encontro coa mocidade de Outes asinando ducias de exemplares dos seus libros. Podedes ver algunhas imaxes do evento neste enlace.

ACTIVIDADES CULTURAIS. MAIO 2013

Aquí tedes acceso ao cartaz informativo sobre as diversas actividades programadas para o mes de maio. acceso

A última hora concedéronos unha ampliación para o reparto de froita polo que debemos engadir esta actividade entre os días 7 e 13 de maio (ao remate das xornadas gastronómicas)

ENCONTRO DE CLUBS DE LECTURA no IES Leliadoura de Ribeira

Os Leliadouros do IES Leliadoura (RIbeira) e os Laretas e Laretiñas do Poeta Añón    (Outes) xuntámonos en Ribeira para compartir xantar, experiencias, recomendacións lectoras e visitar algúns dos recunchos máis fermosos do concello.

Powered by Drupal - Design by artinet