MURAL DO CÓMIC REMATADO!!

Xa que inauguramos novo curso, queremos aproveitar a ocasión para invitarvos  a disfrutar da nova zona de lectura creada a carón da Aula de Audiovisuais e a deleitarvos na contemplación do fantástico mural de personaxes de banda deseñada que levou a cabo o Departamento de Plástica coa colaboración de alumnado do IES.

LISTA DE ADMITIDOS NO PCPI. Curso 2012-13

No seguinte enlace pode consultarse o listado do alumnado admitido no Programa de Cualificación Profesional Inicial para o curso 2012-13. enlace

COMEZO DO CURSO 2012 - 13

O vindeiro 17 de setembro comezará o novo curso. Este día, de 11 a 12 horas, realizaremos a presentación do alumnado, distribución en grupos dos mesmos e os titores/as daranlle a coñecer os horarios e os demais datos do novo curso escolar. Haberá transporte escolar.

O martes 18 teremos unha xornada normal de 8,25 a 14,05.

Proba libre do módulo xeral de 2º curso de PCPI

No seguinte enlace pode consultarse a resolución que regula a proba para o alumnado que superase os módulos voluntarios dun PCPI con anterioridade ao curso 2011-12.  enlace

ENTREGA DE NOTAS DE SETEMBRO 2012

O xoves 6 de setembro as 10 horas entregaranse as notas correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro.

O alumnado deberá matricularse o antes posible para poder formar os grupos cara ao vindeiro curso (preferentemente o mesmo xoves ou o venres 7).

EXAMES DE SETEMBRO 2012

Publicamos os calendarios dos exames de setembro:

Exames de ESO. enlace

Exames de EPA. enlace

Concesión do premio Antonio Fraguas

O día 29 de xuño foron entregados os premios da VIII edición dos Proxectos didácticos Antonio Fraguas. Na sala Baltar do Museo do Pobo Galego os responsables dos centros gañadores recolleron o premio, dotado con 7000 € para desenvolver o proxecto presentado. Os gañadores:

Modalidade de primaria: "Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, patrimonio inmaterial", do CEIP Pintor Antonio Fernández de Tomiño (Pontevedra)

Modalidade de secundaria: "Outear", do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña).

Saída a Illa de Ons

Para despedir o curso 2011-2012, fumos co alumnado de 3º e 4º de ESO a Illa de Ons,onde o pasamos moi ben.

PREMIOS CLIMÁNTICA 2012

Un ano máis traballamos dentro do proxecto medioambiental Climántica, con gran participación de alumnos e cunha boa colleita de premios.

Grazas a todos os participantes e parabéns aos premiados/as.


VERÁN DE LIBRO: Recomendacións da biblioteca para as vacacións

Agora que se aproxima o tempo de descanso (non para todos), seguro que atopades máis dun momento para coller un libro entre as mans . Estas son as nosas suxestións de lectura (e tamén de películas) para este verán:

Powered by Drupal - Design by artinet