25-NOVEMBRO: Día contra a violencia de xénero e PROGRAMA EQUÁNIME

 

Como xa pudéchedes comprobar nas fotos desta web, o alumnado de 4º B andivo a traballar duramente nas últimas semanas e a reflexionar sobre un tema que, tristemente, segue a estar de actualidade e a ocupar as páxinas dos xornais: a violencia de xénero.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2012

Iniciamos o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar que realizaremos durante o mes de novembro.

PROGRAMA EQUÁNIME. 2012

Este programa desenvolvido polo alumnado de 4º de ESO do IES foi proposto e coordinado polo Centro de Información ás Mulleres do Concello de Outes e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.

No enlace podedes ver a galería de fotos do proceso.  enlace

MAGOSTO 2012

Xa tedes na galeria as fotos do Magosto 2012. Unha de mostra:

SAMAÍN NA BIBLIOTECA : atravesando "as fronteiras do medo"

31 de OUTUBRO: día en que as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos se dilúen. Máis de un seguro que non logrou pegar ollo nesa noite tras correr a tupida cortina negra da biblioteca e enfrontarse as criaturas do máis aló  escoitando o relato que nos tiña preparado Alba. 

Para quen non tivo o valor de traspasar esa liña que nos separa do mundo do descoñecido, deixámoslles o que se perderon:

Click to play this Smilebox slideshow
 
 

GAÑADORAS DO CONCURSO: "QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?"

 Xa temos gañadoras do concurso sobre Añón. MIRANDA e CLARA de 1º ESO demostraron ser as rapazas mellor coñecedoras do poeta e as máis hábiles á hora de buscar información sobre a súa vida e obra e sobre a ápoca na que viviu. NORABOA ÁS DÚAS!!.

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?"

Alimentación deporte e saúde. Curso 2012 - 13

Dentro desde bloque interdisciplinar tratamos de organizar actividades para que o alumnado tome conciencia duns temas fundamentais para un desenvolvemento integral do individuo.

Significan un esforzo importante que realiza o profesorado coa idea de que constitúen un complemento importante da labor de aula.

CONCURSO: que sabes de FRANCISCO AÑÓN?

Para seguir coñecendo mellor ó poeta que dá nome ó noso centro, a biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística invítanvos a participar no concurso:

QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?

 

Estas son as bases:

  • Pode participar todo o alumnado de ESO diurno de xeito individual ou por parellas.
  • Cada día ás 10.10, aparecerá na porta da biblioteca unha pregunta relacionada coa vida, obra ou a época do Poeta Añón. Disporedes de 24 horas para atopar a resposta (consultando os paneis expostos no patio do IES, os trípticos sobre o autor ou as distintas fontes de información dispoñibles na biblioteca) e depositala na furna que hai ó carón da porta da biblio. Ó día seguinte publicarase a solución e tamén unha nova pregunta.
  • Serán un total de 5 preguntas. Con cada acerto acádase 1 punto.
  • De existir un empate entre varios participantes, estes seguirían concursando con máis preguntas ata ter un gañador.
  • O premio consistirá nun LIBRO ou nun CD musical a escoller polo equipo finalista.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

HOMENAXE A FRANCISCO AÑÓN

Estamos de celebración!

Xustamente hoxe, 9 de outubro de 2012, cúmplese o bicentenario do nacemento do poeta que dá nome ó noso centro e que é considerado un dos precursores do Rexurdimento: FRANCISCO AÑÓN PAZ.

Sumándonos ós actos conmemorativos que están a ter lugar no concello de Outes, desprazámonos á Casa da Cultura para asistir a un recital poético-musical no que Brais fixo de fantástico mestre de cerimonias e no que, ademais da rapazada do IES, contamos coa participación do Club de Lectura de San Lourenzo, alumnado do CP Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo e as corais do Freixo e da Serra de Outes dirixidas pola experta man de Domingo Barreiro, ex-profesor de música no noso instituto.

Grazas a todos eles por achegarnos á figura e á poesía do escritor de Boel.

 

OS POEMAS DE AÑÓN

Xa que andamos metidos de cheo no programa de actividades conmemorativas do BICENTENARIO do nacemento de Francisco Añón, non vén nada mal achegarse ós seus versos. Xa sabemos que a poesia non é "santo da vosa devoción" pero tedes que intentalo e veredes como levades unha grata sorpresa.

Para que o teñades máis doado, ofrecémosvos unha pequena escolma dos seus poemas nas tres linguas en que escribiu .

QUE A GOCEDES!

Powered by Drupal - Design by artinet