CONCURSO "MULLERES VIAXEIRAS": ENTREGA DE PREMIOS

BRAIS ROMERO e

  SAÚL SÚAREZ

INTERCAMBIO con Lussac

Do 1 ao 9 de abril o alumnado de Francés do noso IES está realizando un intercambio co Collège de Lussac en Francia. O día 9 volverán acompañados do alumnado francés que permanecerá en Outes unha semana.

Aquí tedes algunhas fotos das actividades realizadas . galería de fotos

Un vídeo doutras actividades  enlace


sentímolo, flash non está dispoñible.

Espello Deportivo en OUTES

Este xoves 10 de abril comenzou en Outes o programa "Espello Deportivo" enlace

Despois da presentación do Sr Alcalde, o medallista paralímpico Juan Antonio Saavedra e o actor Rubén Riós presentaron a todo o alumnado do IES esta interesante iniciativa na Casa da Cultura do Concello. Aquí tedes un enlace coas fotos do evento na páxina pública en facebook  enlace

EXHIBICIÓN TENIS DE MESA

 

Mañá venres a partir das 11 da mañán, como remate da segunda avaliación, teremos unha actividade de tenis de mesa a cargo de especialistas das ligas nacionais deste deporte. Como prato forte contaremos coa participación do gran especialista internacional Sergei Nigeruk.

Despois da exhibición o alumnado poderá comprobar o seu nivel competindo cos profesionais. Cos precedentes de anteriores actuacións contamos cun gran éxito de participación tanto de rapaces como de rapazas.

Esta actividade é posible grazas ao patrocinio do Concello de Outes.  galería de fotos

Vídeos:  quentando    partidos       Xogamostodos:  vídeo1    vídeo2

concello Outes


O alumnado recibirá o boletín de notas que deberá entregar á volta das vacacións de Semana Santa.

CONCURSO MANOS UNIDAS

El Concurso de Clipmetrajes de Manos Unidas es una actividad de Educación para el Desarrollo con la que se pretende sensibilizar al alumnado sobre la pobreza, el subdesarrollo, el hambre, las desigualdades y sus causas.

Aquí tedes o enlace ao video elaborado polo alumnado de relixión de 4º de ESO incidindo na idea de que "La pobreza tiene rostro de mujer" enlace.

Posto que é un concurso podedes votalo que parece que está ben clasificado e ten posibilidades de obter premio.Guiño

ANTROIDO 2013 no IES POETA AÑÓN

No IES Poeta Añón, aparte de formarnos, tamén sabemos pasárnolo en grande como ben vedes nesta presentación-resumo dos momentos estelares...

NO DÍA DA PAZ (E NON VIOLENCIA): LIBROS E PELÍCULAS

Dende a Biblioteca, invitámosvos á reflexión sobre o comportamento da especie humana con esta guía de lecturas e películas.

ADIVIÑA PELÍCULAS: PAZ e NON-VIOLENCIA

Aquí tedes a primeira proposta para esta semana (pode participar toda a comunidade: alumnado, profes, pais e persoal non docente).

Nesta folla recóllense 42 fotogramas correspondentes a outras tantas películas.Todas elas están na BIBLIOTECA do noso centro

Sabes cales son os títulos?  SI? Pois xa estás pedindo na conserxería a folla para escribir as respostas. Lembra que:

  • A participación é individual (aínda que te poden axudar)
  • Debes escribir o teu nome completo (e curso, no caso de ser alumno) na folla das respostas
  • Tela que entregar na biblioteca antes do 1 de febreiro.
  • Non importa que non coñezas os títulos de TODAS as películas. Gañará a persoa que máis títulos acerte.
  • Entregarase un ÚNICO PREMIO.

ÁNIMO E A PARTICIPAR!!

30-X DÍA DA PAZ: PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Como xa sabedes, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non-Violencia. Para este curso propoñémosvos unha serie de actividades que, cando menos, esperamos que vos fagan reflexionar sobre o tema.

Deixamos aquí as propostas que terán lugar ó longo da semana nas aulas e na biblioteca do centro.



 

LECTURAS RECOMENDADAS: NADAL 2012

Aquí van as propostas de libros e películas da biblioteca para este Nadal.

Powered by Drupal - Design by artinet