GAÑADORES DO CONCURSO SALTAPLANETAS 2012

En datas recentes varios grupos de alumnos do centro, coordinados pola profesora Vanessa Pita, participaron no concurso Salta Planetas para reflexionar sobre o consumo de alcohol entre adolescentes. Nunha gymkhana virtual, por medio de xogos, foron realizando actividades relacionadas con este tema.

Nesta foto podemos ver aos  satisfeitos gañadores do 1º premio do concurso  "SALTA PLANETAS". UNA GYMKHANA VIRTUAL PARA PREVENIR EL CONSUMO DE ALCOHOL EN ADOLESCENTES" na categoría de 2º de ESO.

Noraboa para alumnos e profesora, e a disfrutar da tablet recibida como premio.

COÑECES A VALENTÍN?

Este foi o título da orixinal presentación que SERAFÍN MARCOS fixo da vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas:

VALENTÍN PAZ ANDRADE.

VISITA Ó CRD de VALADARES

Nesta semana das Letras Galegas, o alumnado de 2º de ESO tivo ocasión de visitar o Centro de Recursos para persoas Discapacitadas (CRD)

de Valadares - Outes-.

Bicentenario do nacemento de Francisco Añón Paz

O IES Poeta Añón colabora na celebración do bicentenario do nacemento de Francisco Añón bicentenario Añón

 

 

DESEÑANDO ITINERARIOS DE FUTURO

Durante os días 23 e 24 de maio desenvolveranse no IES Poeta Añón unhas Xornadas informativas dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO, PCPI, e EPA. Están tamén abertas para as familias interesadas no futuro escolar dos seus fillos.  acceso ao programa

23 de maio as 19 horas. Opcións educativas e saídas profesionais.

24 de maio as 19 horas. Recursos para a mocidade de Outes.

Estas xornadas están incluídas dentro do programa de Actividades para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar que organiza o Concello de Outes.

PREVENCIÓN DO FRACASO ESCOLAR

O Concello de Outes organiza unhas Actividades para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar.

No seguinte folleto tedes a información sobre todas as actividades, os teléfonos e os lugares de contacto. folleto informativo

II FEIRA DO LIBRO USADO no IES

Co gallo de festexar o mes das Letras, do 21 ao 23 de maio terá lugar no patio central do noso centro a II Feira do Libro Usado .

FOTOS E RESULTADOS DA VI SEMANA GASTRONÓMICA -edición 2012-

A 6ª edición do Concurso Gastronómico IES Poeta Añón, prolongada ata o 24 de abril, vén de rematar coa participación de 25 pratos (tanto doces como salgados) que nada teñen que envexar ás creacións dos grandes chefs do país.

V Congreso de Climántica

No seguinte enlace tedes información sobre os premios que poderán conseguir os que presenten traballos para participar neste V congreso. enlace

VI EDICIÓN DA SEMANA GASTRONÓMICA

Na semana do 16 ao 20 de abril terá lugar a tradicional semana gastronómica do IES Poeta Añón.

Ademais do premio da degustación para todos, haberá gustosos trofeos para os gañadores das categorias de doce e salgado nas que se pode participar. Todo isto sen esquecer o recoñecemento internacional.

Como novidade, este ano, xun to co prato haberá que presentar a receita do mesmo para a posterior publicación das mesmas


 

 


 .    

Powered by Drupal - Design by artinet