III SEMANA CULTURAL

Na semana do 9 ao 13 de febreiro centramos as actividades relacionadas co mundo do cine, tema proposto polo equipo da biblioteca para este curso. Podedes ver o triptico informativo co programa no enlace.

Na galería de fotos podedes ver as imaxes destas actividades acceso.

Convivencia e seguridade nos centros escolares. NOVAS DATAS

Dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros escolares o alumnado do IES participará nas seguintes actividades.


Mércores 4 de marzo: 11 a 12 alumnado de 3º e 4º de ESO, "Navegación segura por internet"
Mércores 4 de marzo: 12,25 a 14 alumnado de 1º e 2 de ESO, "Acoso escolar"

Mércores 4 de marzo: 18,45 a 19,45 alumnado de 2º PCPI, "Alcol e drogas".

Programa Aliméntate ben

Dentro deste programa participamos un ano máis na modalidade de Reparto de Froita. No mes de febreiro comezamos coa primeira das catro semanas nas que repartiremos froita de forma gratuíta ao alumnado de ESO. Na galería podedes ver fotos desta actividade. galería

XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

Ata o 7 de abril está aberto o prazo para presentar traballos de poesía escritos en Lingua Galega se queredes concursar a iste prestixioso premio organizado polo Concello de Outes. Hai sete categorias para diferentes tramos de idade, incluído para maiores de 18 anos. Podedes acceder ás bases no seguinte enlace á web do Concello de Outes. Animádevos a participar, hai importantes premios.

CINE por unha CULTURA DE PAZ

Xa que este ano a biblioteca do centro nos propón explorar o mundo do CINE, propoñémosvos o visionado de algunha das películas incluídas na guía que aquí deixamos para conmemorar o Dia Escolar pola Paz e a Non violencia (galería). Lembrade que todos os títulos que suxerimos están a vosa disposición na biblioteca.

 

Calendario fútbol sala 2015: xaneiro - marxo

No seguinte enlace achegamos o calendario de partidos para os meses de xaneiro, febreiro e marzo. enlace

 

Charla-coloquio sobre a mononucleose infecciosa.

O Centro de Saúde e o Centro Social do Concello de Outes organizaron desde o mes de outubro pasado as IX XORNADAS DE INFORMACIÓN SOCIO-SANITARIA. Dentro deste Ciclo, o xoves 29 de xaneiro, ás 6 e media da tarde, terá lugar a próxima charla-coloquio: MONONUCLEOSE INFECCIOSA (ENFERMIDADE DO BICO E AS SÚAS COMPLICACIÓNS), impartida polo pediatra de noia Dr. JORGE FERNÁNDEZ JIMÉNEZ.

CAMBIO DE CUADRIMESTRE ESA

Durante o mes de febreiro remata o módulo 3 de Educación Secundaria para Adultos e comeza o módulo 4.

Aquí tedes as datas:

Microvideos contra a violencia de xénero

Patrocinado polo CIM do Concello de Outes o alumnado de 2º de PCPI elaborou unha serie de curtas contra a violencia de xénero.

Na galería pódense ver as imaxes do proceso. acceso

Finalmente foron visionados na casa da cultura do Concello de Outes. ver vídeo

 

Concurso de guións contra a violencia de xénero

A Deputación da Coruña organiza un programa de actividades con motivo do Día contra a Violencia de Xénero entre os que destaca o primeiro concurso de guións sobre esta temática para a mocidade de entre 14 e 18 anos.

Powered by Drupal - Design by artinet