Taboleiro

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

Aquí pódese consultar a listaxe de libros por cursos para o próximo curso.

Tomando en conta que nalgúns Departamentos do centro, non hai aínda profesorado nomeado para o curso que vén e noutros pode haber profesorado que non utilice os materiais establecidos polo Departamento, é importantísimo non adiantarse a mercar os libros que levan indicado o aviso non mercar ata setembro.

Tamén recomendamos prudencia cos materiais de materias optativas de 3º e 4º de ESO, o noso centro ao ser pequeno e non ter alumnado mínimo suficiente non pode asegurar a creación de grupos para todas elas, é preciso agardar a setembro para confirmar as que poderá cursar o alumnado.

CURSO GRATIS NO IES PARA PERSOAS ADULTAS

CURSO GRATUITO PARA APRENDER OU MELLORAR O USO DE MÓBILES, ORDENADORES E TABLETS

PARA PERSOAS ADULTAS NO IES POETA AÑÓN  NON É NECESARIO TER COÑECEMENTOS PREVIOS NIN NINGÚN NIVEL DE ESTUDOS

SÓ TES QUE CHAMAR AO IES (881 866221) OU VIR A INFORMARTE PERSOALMENTE , É MOI FÁCIL!!

GUSTARÍACHE SABER MANEXAR MELLOR O TELÉFONO?

GUSTARÍACHE SABER FACER VIDEOCHAMADAS COAS PERSOAS QUE QUERES E ESTÁN LONXE?

 GUSTARÍACHE PEDIR CITA PARA O CENTRO DE SAÚDE CALQUERA DÍA DA SEMANA E A CALQUERA HORA (SI, INCLUSO FIN DE SEMANA E NOITE)?

GUSTARÍACHE PODER TER O TURNO DAS CONSULTAS DO HOSPITAL NO MÓVIL SEN TER QUE IR ÁS MÁQUINAS?

GUSTARÍACHE SABER ANDAR CUN ORDENADOR OU MELLORAR O QUE XA SABES?

GUSTARÍACHE SABER MOITAS COUSAS MÁIS TAMÉN MOI ÚTILES?

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23/24

Xa se poden solicitar as axudas para material escolar (o cheque) , 

O prazo remata o 21 de xuño e pódese facer a través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente no IES.

Podedes consultar información máis completa pinchando na seguinte imaxe. 

 

Últimos días para preparar el material escolar | Actualidad | Cadena SER

 

LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS PARA O CURSO 2023/2024

A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS PODE SER CONSULTADA POLAS PERSOAS INTERESADAS NO IES. 

FORON ADMITIDAS TODAS AS PERSOAS QUE ASÍ O SOLICITARON.

 

 

MOSTRA DOCUMENTAIS " TALENTOS DE OUTES"

Preciosos traballos dos 3º da E.S.O. que poderedes ver no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/results?search_query=ies+poeta+a%C3%B1on

           

 

INFORMACION RECURSO DE REPOSICION BOLSAS DE ESTUDO CONVOCATORIA XERAL 22/23

 

Todos/as aqueles/as que teñan a bolsa denegada, non estean nas listaxes (clicando no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2022.html ) ou non estean dacordo coa contía teñen aberta a posibilidade de interpoñer un recurso de reposición.

PRAZO DE PRESENTACION RECURSO REPOSICION BOLSAS 22/23 CONVOCATORIA XERAL:

 

04/04/2023 ao 03/05/2023.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN NO IES

Pinchando na seguinte imaxe accédese á información completa sobre o proceso de admisión e as datas importantes a ter en conta.

 

TALENTOS DE OUTES ENTREVISTADOS/AS POLO NOSO ALUMNADO DE 4

Pinchando en cada unha das imaxes poderedes ver os magníficos cortos-entrevistas que o noso alumnado fixo sobre estes catro TALENTOS DE OUTES.

MOITÍSIMAS GRACIAS AOS CATRO POR PRESTARSE A ESTA INTERESANTE ACTIVIDADE!

     

    

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 23-24

O ALUMNADO DE 4º QUE VAIA INICIAR BACHARELATO OU FP NO VINDEIRO CURSO 23-24 DEBE FACER A RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO NO QUE QUEIRA MATRICULARSE.

Máis información pinchando na seguinte imaxe. 

 

 Qué esconde la disyuntiva entre FP o Bachillerato?

Visitamos as Torres do Allo

 

O alumnado de 4ºESO foi recibido no pazo das Torres do Allo, situado no Concello de Zas, que pasa por ser o máis antigo de Galicia, aínda que non teña o mérito de ser o exemplo de propiedade fidalga mellor conservada. Os seus elementos: a capela, o pombal, as terras, as casas das familias labregas…foron deslindándose co pasar do tempo. Mais é iso precisamente o que nos permite explicar a vida cotiá durante o Antigo Réxime en Galicia e o seu final. Visitar espazos patrimoniais axuda a entender mellor a nosa Historia

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet