Taboleiro
COLABORACIÓN COA COFRADÍA DE NOIA NO PROXECTO "ECONOIA"
Estamos participando no proxecto ECONOIA coa Cofradía de Noia, elaborando un documental sobre o traballo de limpeza da nosa ría que está facendo este colectivo. Ese documental inclúe imaxes da limpeza e entrevistas ás persoas implicadas no proxecto.
O proxecto conta co apoio da Consellería do Mar e o documental resultante será proxectado na mostra Mares da fin do mundo o día 1 de novembro na Casa de Cultura de Outes.
O NOSO ALUMNADO ACHEGÁNDOSE ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS AO TEMPO QUE TRABALLAN O AUDIOVISUAL
O alumnado de Plástica de 4º ESO, xunto con Tamara, participou no proxecto de achegamento ás embarcacións tradicionais, participación que tamén lles serviu para acadar coñecementos sobre a elaboración de cortos e documentais con dispositivos móbiles.
Froito disto temos un documental que se proxectará o día 1 de novembro na Casa de cultura de Outes dentro da mostra Mares da fin do mundo.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2022_2023 ACTUALIZADO
Aquí podedes consultar os libros de texto para o curso 2022-2023, aínda que recomendamos agardar a setembro para confirmar co profesorado de cada materia o uso do mesmo.
Para a compra dos libros de francés en formato dixital consultade as instrucións dispoñibles na sección departamento de francés.
LISTAS ACTUALIZADAS EN SETEMBRO 2022 COS CAMBIOS E INDICACIÓNS DOS LIBROS DE 2º e 4º de ESO DISPOÑIBLES EN PRÉSTAMO. O PRÉSTAMO REALIZARASE A PRÓXIMA SEMANA.
SOLICITUDE MATRÍCULA NA ESO PARA PERSOAS ADULTAS
SE TÉS 18 OU MÁIS ANOS E NON TES A ESO, POR QUE NON SACALA NUN HORARIO QUE O TRABALLO E A TÚA VIDA CHO PERMITAN?
INFORMACIÓN SEN COMPROMISO NO PROPIO IES (MAÑÁN E TARDE), NO TELÉFONO 881866221 E NO CORREO ies.poeta.anon@edu.xunta.gal
SOLICITUDE DE PRAZA NO IES , DO 1 AO 15 DE XUÑO
Pídencho como requisito para algúns traballos, mellora o teu currículum, permíteche obter o CELGA 3, mellora a túa autoestima persoal,
e seguro pasas unha temporada moi agradable no Instituto, como así o levan facendo outras moitas persoas antes que ti que quedaron encantadas co seu paso pola ESA.
CONVOCADAS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Ata o día 22 de xuño as familias poderán solicitar a axuda para material escolar (50 €) que a Consellería vén de publicar.
Pódese consultar a información pinchando aquí (información).
E para acceder á aplicación Fondo libros dende a que se solicita a axuda podedes pinchar aquí (solicitude).
VÍDEO CONXUNTO CEIP E IES DE OUTES!!!!!!!!
SI, ENTRE O COLE E O INSTI DE OUTES FIXEMOS UN VÍDEO PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!
EXCURSIÓN DE 1º ESO A LALÍN
Saída do alumnado de 1º ESO a ver a exposición de Laxeiro en Lalín e a visitar a Casa do Patrón en Doade (Codeseda)
PARTICIPACIÓN DO NOSO IES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO
PARABÉNS A IRENE, SALOMÉ, LUAR E JUDIT POR ESES ACCESITS CONSEGUIDOS NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO,
CONCURSO NO QUE COMPETÍAN CON PERSOAS DE ATA 21 ANOS QUE ESTUDAN FOTOGRAFÍA E/OU ARTES PLÁSTICAS E AUDIOVISUAIS,
TEÑEN MOITÍSIMO MÉRITO!!!
ADECUACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS Á NOVA ORDE DE AVALIACIÓN
Para acceder á adaptación da programación de cada materia á nova orde de avaliación non tés máis que pinchar no nome da materia.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »