Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR

No Rexistro de entrada da correspondencia do colexio (Nº 863) con data 22 de Setembro de 2.003 recóllese a autorización expedida polo Delegado Provincial de Educación (Rexistro saída 008581 con data 26 marzo de 2.003 aprobando o funcionamento do Comedor escolar na modalidade de Catering.

A empresa que presta os seus servicios este curso 2011-2012 é Catering As Arelas.

 

Horario, precio e forma de pago


 

O horario de comedor é de 13.50 a 16 horas contando con dúas ou tres personas responsables da empresa de cateríng en función do nº de nen@s.

Precio: 4 € menú para os usuarios habituais e de 4,50€ para os esporádicos.

A forma de pago será por DOMICILIACIÓN BANCARIA o 13 de cada mes.

Podedes baixar o impreso de domiciliación no apartado de Descargas do ANPA. (Enlace directo ó impreso: pincha aqui)

 

Inscripción


 

 

Hai un grupo de nen@s que son fix@s toda a semana e outr@s apúntanse algúns días.

  • USUARIOS FIXOS: entregar a solicitude a directiva da A.N.P.A. (válido buzón da porta do colexio ou envialo por email a anpabelesar@gmail.com). Impreso no apartado de Descargas do ANPA. (Enlace directo: pincha aqui).

 

  • USUARIOS OCASIONAIS: avisar o día anterior no teléfono ou e-mail do ANPA: 636 05 05 13, anpabelesar@gmail.com

 Ata novo aviso, para anular o servicio de comedor é preciso comunicalo á empresa de cátering antes das 18:00 horas do día anterior.

Teléfono de contacto de Catering Arelas: 986 40 81 51,  626 051 039

Obxectivos


 

 

  • Desenvolver hábitos e actitudes saudables e hixiénicos no alumnado.
  • Garantir unha dieta sana e rica que favoreza a saúde e o crecemento.
  • Desenvolver o compañerismo, o respeto e a tolerancia.
  • Favorecer a organización da vida familiar cando o pai e a nai traballan.
  • Favorecer a continuidade da xornada escolar con actividades extraescolares.

 

Funcionamento


 

 

O Consello Escolar supervisará o funcionamento deste servicio xestionado pola directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos para o que establece unha series de normas e funcions:.

 

Tarefas das persoas responsables do comedor

  • Atender e custodiar @s alumn@s durante as comidas e o tempo anterior e posterior ás mesmas (13.50 ata 16.00). Resolver as incidencias que puideran presentarse durante este tempo. Ante un accidente chamar por teléfono á familia, avisar ó servicio de urxencia ou desplazarse ata o centro de saúde máis próximo.

 

  • Entregar unha fotocopia do menú do mes ás familias anotadas.

 

  • Prestar especial atención á labor educativa do comedor: adquisición de hábitos sociais e hixiénicos e a correcta utilización do menaxe do comedor.

 

  • Unha vez finalizado o servicio de comedor, pasaremos a desenvolver actividades de descanso e recreativas organizadas polas responsables. Utilizarán os patios, a sala de Usos Múltiples, o comedor, a aula de ingés e música e a Bilbioteca para o desenrolo destas actividades. Os responsables cuidaran que as instalacións queden ordenadas.

 

  • Calquera outra función que a directiva da A.N.P.A e o Consello Escolar consideren necesaria para o bo funcionamento deste servicio.

 

  • Manterán relacións correctas e respectuosas cos alumnos propiciando o diálogo, respecto e autoridade necearias para manter un bo ambiente.

 

  • Presevarán a intimidade do comportamento de cada nen@ e das familias e do que suceda no comedor. Tratarán con cada familia directamente sin verter comentarios a persoas alleas.

 

Tarefas das nenas e nenos

  • @s alumn@s repetarán e obedecerán ós responsables do comedor.
  • Traerán da casa o necesario para manter a hixiene. Cepillo de dentes, pasta, toalla, etc.
  • Seguirán as normas das responsables: sentarse correctamente, comer despacio, falar baixo, non levantarse da mesa sen permiso.
  • Aquel@s nen@s que se porten mal serán amonestados polo responsables do comedor. A reincidencia en faltas leves de comportamento ou faltas graves serán levadas ó Consello Escolar que tomará as decisións oportunas sobre eses comportamentos. Está reservado o dereito de admisión neste servicio

 

 

 



page | by Dr. Radut