Skip to Content

Curso 2009 - 2010

FESTIVAL DE NADAL 2009

 Este ano os Reis Magos viñeron cargados de agasallos para os nenos de Infantil

Recibimos ao Scarlet Knight

Onte mércores 9 de decembro, recibimos ao submarino Scarlet Knight na súa chegada ao porto de Baiona.

Chegado doutro lado do Oceano, comezou a súa andaina en New York o pasado 27 de abril e rematou na nosa vila, igual que a carabela Pinta capitaneada por Pinzón.

O Glider, fixo un estudo dos fondos submarinos co obxectivo de recoller datos dos fondos marinos e do impacto do cambio climático.

Trouxo correo de nenos e nenas de 45 estados norteamaricanos, para que se poidan cartear  cos alumnos/as de Belesar, Sabarís, Covaterreña e Fontes.

Alí estábamos , no clube de iates de Baiona, os nenos e nenas de 6º para asistir a este evento científico, no que un robot submarino cruza o Atlántico sen motor e aproveitando as correntes marinas.

Despois de escoitar os descursos do Ministro de Fomento José Blanco, do delegado da casa Branca Jerry Miller, do presidente de Portos do Estado González Laxe , do encargado do organismo Enrique Álvarez Fanjul e do decano da universidade de Rutgers, Dean Goodman, Cristian, un alumno de Fontes, leeu unha carta que iba a bordo do glider, escrita por un alumno norteamericano.

Agora comezaremos unha comunicación cos diferentes centros norteamericanos, e o que nun inicio comezou como unha investigación científica fai que Belesar se espalle polo mundo enteiro.

   
   

   

ACTIVIDADES REALIZADAS POLOS ALUMNOS DE 2º CICLO

UN ALMORZO SAUDABLE

Dende o Colexio, decatámonos da Importancia que o almorzo Diez para os nenos / as e da que Gran Influencia EXERCE este factor sobre a falla de rendemento.N 2 º Ciclo Decidimos Organizar un "almorzo saudable", para que os nenos experimentaran en qué consiste ea súa Importancia. Fixémolo o Domingo, 9 de octubre, a primeira hora da mañá (ese día almorzaron no os nenos na casa xa que o fixemos todos xuntos no Colexio)

 

Para levalo A Cabo contamos coa Colaboración das nais e pais. Como todo abandono de marabilla queremos, dende aquí, dárvolas grazas, en especial una aquelas nais que estiveron preparando connosco e servindo ese almorzo memorable.

   
   
   
   
 

MUSICA 2009-10

 


MUSICA

EDUCACIÓN MUSICAL

Música e Expresión Corporal


Dentro dos proxectos do CEIP Belesar está a ilusión de tender unha ponte entre a ciencia e a arte, coñecemento e emocións. Conscientes da importancia de crear sensibilidades e estimular sentimentos estéticos, ofrecemos na nosa aula de música non só unha linguaxe universal, senón tamén un instrumento de compaña, de enriquecemento persoal e de entretemento.


Algunhas actividades que se realizan na aula de Música:


-      Música e movemento: executamos sinxelas danzas adaptadas a cada idade.


-      Iniciación á linguaxe musical: lemos e escribimos sinxelas composicións musicais no pentagrama.


-      Audicións e educación audioperceptiva : escoitamos anacos seleccionados de obras clásicas e modernas.


-      Expresión instrumental: utilizamos instrumentos de pequena percusión, xilófonos, metalófonos e a partir de 3º comezamos a ensaiar coa frauta doce.


-      Expresión vocal e canto: cantamos procurando entoar axeitadamente cancións infantís propias da súa idade.


-      Asistimos a concertos didácticos que son previamente preparados na aula.


Xa que só temos unha hora á semana de clase de música, os nenos, a partir de que comezan coa frauta doce deben procurar ensaiar na súa casa aquelas cancións de frauta que son explicadas e executadas na clase para así poder avanzar e axilizar os contados musicais.


As familias controlar o horario de cada día da axenda para que non esqueza na casa o libro ou a frauta e deste xeito perder a hora a semana da música.


           En 6º,na clase de informática, ademáis de aprender como se pode realizar unha páxina web co programa FrontPage implicamos a música e así , de xeito multidiscilplinar, aprenden as dúas materias xa que elaboramos un sitio web de música galega en base ao modelo que lles propoño que podedes ver pinchando na imaxe da fermosa gaita.


 



 



Distribuir contenido


by Dr. Radut