Skip to Content

Curso 2013 - 2014

Curso 2013 - 14

Parabéns Belesar

Ao longo do curso familias, mestres, alumnos fóronnos enviando as felicitacións ao cole a través de vídeos en diferentes lugares coas felicitacions polos 25 anos de vida do cole. Engadimos o seguinte texto:

No 1989 ao lombo do monte da Groba, familias e Mestres decidiron crear un lugar onde o cariño aloumiñase cada vivenza e así abrir fiestras para abrir o mundo, despertar soños, deixando pegadas na eternidade, e construir unha escola pública chea de vida.  25 anos de vida xuntos.

Grazas

Aqui tedes o resultado!

CONTACONTOS RELAXACIÓN

Esta mañá tivemos un contaconto moi especial con actividades de relaxación.

Ao alumnado de Primaria encantoulle esta actividade!

 

 

                             
CONTACONTOS RELAXACIÓN - Movie Maker

Estrea da musical Valmiñor- Belesar

Estrea do musical Valmiñor-Belesar, historia de 25 anos no Auditorio do Concello de Vigo. O alumnado do 3 ciclo e exalumnos mostraron a vida do cole desde 1989 ata 2014, coas marabillosas voces e as gaitas dos Novos Galiños de Belesar. A seguinte actuación será este mércores 14 de maio no cole en sesión de mañá e de tarde.

Continuade artistas!

25 anos de letras Galegas

O CEIP Belesar festexa os seus 25 anos de vida, homenaxeando aos 25 autores das Letras Galegas deses anos.

O alumnado do cole ponlle voz as súas verbas!

Moitas grazas nenos, mestres e mestras polo voso traballo.

2º parte festival de nadal

25 anos xuntos no Nadal

A nosa felicitación neste Nadal tan especial, no que festexamos 25 anos xuntos. Grazas a todos e todas os que aportáchedes un grao de area para que Belesar sexa tan especial.

Felices festas e unha entrada de ano 2014 moi agarimosa!

POSTAIS DE NADAL

POSTAIS DE NADAL DOS ALUMNOS DE BELESAR



Letras galegas 2011

CANTANDO TODOS XUNTOS EN INGLÉS

DANZAMOS E CANTAMOS TODOS XUNTOS EN INGLÉS

Distribuir contenido


by Dr. Radut