A escritora Ledicia Costas, que nos ía visitar este curso, quere dedicarnos unhas verbas de apoio e agarimo nestes días de corentena. Espero que vos gusten e que sigades o seu consello: ler moito e gozar lendo!
Polo Día Mundial da Saúde tamén vos quero traer exercicios e xogos para que poidades pasalo estupendo en familia! Animádevos, son moi divertidos! #Belesarquedanacasa #euquedoencasa
Hoxe tráiovos unha merenda riquísima e moi saudable para celebrar o Día Mundial da Saúde, que se celebra o 7 de abril. Animádevos a probar! Vaivos encantar!
Un ano máis, os nenos e nenas de Belesar esforzáronse para ofrecernos o mellor festival de Nadal que se pode ver no Val MIñor. Debaixo queda o vídeo coas actuacións destes pequenos grandes artistas.
Grazas ós alumnos, as familias e os profes polo seu esforzo e colaboración!
Outro ano máis, no colexio de Belesar, quixemos aportar o noso gran de area contra a loita da leucemia infantil, participando na volta ó colexio benéfica. Agradecemos a participación e entusiasmo dos alumnos, familias e profesores que contribuiron a que a actividade fora, de novo, un éxito!
O mércores celebramos no cole o Samaín/Halloween con un obradoiro de cociña terrorífica para o alumnado de Infantil e distintos obradoiros para o alumnado de Primaria, pasámolo de medoooooo!