Skip to Content

Secretaria

documentos de interese

Xornada de portas abertas

Queda pouco para que comece o período de matriculación para o vindeiro curso 2022/2023, se queres vir a coñecernos aproveita a xornada de portas abertas que comeza este luns.

Esperámoste!

 

 

 

Vincúlate

Compartimos o vídeo presentación do programa VINCÚLATE iniciado o curso pasado, e ampliado o presente, onde participan alumnos dos distintos centros educativos de Baiona en colaboración coa asociación Palleiros de Pontevedra, Servizos Sociais e Concello de Baiona.
Vincúlate con este marabilloso proxecto!!!
 

Infografía COVID-19

Bo día familias,

adxuntos infografía do protocolo COVID-19 actualizado coas novas instruccións do pasado 14 de xaneiro,

un saúdo

Equipo directivo

 

Consello Escolar

Unha vez finalizadas as votacións e reconto de votos xa temos constituído o Consello Escolar para os vindeiros dous anos.

Renovación parcial do consello escolar

Axuntamos información sobre a renovación parcial do consello escolar.

Distribución de máscaras

Bo día familias,
Saíu a orde do DOG do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en
educación primaria. Dende hoxe ata o 22 de novembro está aberto o prazo para a solicitude de máscaras.
Destinatarios:
-    Beneficiarios da axuda de material escolar (estes non terán que facer ningunha solicitude).
-    Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias,
-    pero:
-    a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
-    b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
Axuntamos DOG coas instrucións e ANEXO I que habería que entregar cuberto no centro para ser tramitada.


Un saúdo
Equipo Directivo

Documentación COVID

Queridas familias,

anexamos un documento que recolle:

- Protocolo COVID

- Plan de continxencia

- Plan de acollida

Un saúdo,

Equipo directivo

Renovación parcial do consello escolar

Bo día familias,

segundo a resolución do 20 de setembro de 2021 este curso levaremos a cabo a renovación parcial do consello escolar.

Tedes a información na imaxe axunta

Teléfono COVID

Bo día familias,

xa temos novo número de teléfono COVID: 622.347.862, esperamos non ter que darlle uso Guiño

Un saúdo,

Equipo directivo

Inicio das actividades extraescolares

Bo día familias,

recordamos que mañá 1 de outubro por ser festivo local non hai cole.

A partires do luns comezan as actividades extraescolares (adxuntamos cadro) e servizo de biblioteca de luns a xoves de 16.00 a 18.00h.

Recordade que o servizo de biblioteca está dispoñible para todos aqueles alumnos matriculados en actividades extraescolares.

Distribuir contenido


by Dr. Radut