Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Abril 16, 2016
Start: 16/04/2016 21:00

Hoxe visitounos  Marcos Míguez Puhinger, un pintor nado en Redondela pero que leva residindo en Vigo dende o ano 2000.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria estivo moi interesado coas explicacións do artista que respondeu a un montón de preguntas feitas polos rapaces. 

Marcos pinta sobre todo con bolígrafo Bic de cor negra, pero tamén o fai con carbonciño e con pastel, pois a cor negra que consigue con esta técnica gústalle moito.

Os seus debuxos parecen fotografías porque quere reproducir a realidade tal como é.

Adiantounos que unha das súas próximas obras vai ser dun elemento arquitectónico popular, que está moi preto do colexio. Se solucionas esta adiviña terás unha boa pista: 

Que cousa cousiña

corre, corre

 e nunca chega á casiña?

 

 



Luns Abril 18, 2016
Start: 18/04/2016 22:42

O pasado 5 de Febreiro tivo lugar o Entroido no colexio. Dentro do tema do proxecto anual, "CON TON e ARTE" , cada curso elaborou o seu disfraz. Tivemos aos pintores de Infantil, uns pequenos rapeiros de primeiro e segundo, unha estupenda banda de música formada polos nenos e nenas de terceiro e cuarto e aos de quinto e sexto que se disfrazaron de cadros famosos. Houbo o tradicional desfile pola parroquia e á volta, a queima do meco, que este ano tiña coma tema o IVE CULTURAL, e a Facenda Pública, que non deixou claro se somos todos ou non. 

Para rematar, coma non, degustación masiva de doces tradicionais do entroido: filloas, ourellas, flores e demais fixeron as delicias de todos. Deixámosvos unha pequena reportaxe, esperamos a desfrutedes.

 

Start: 18/04/2016 23:11

O mércores 9 de marzo viñéronnos visitar os compoñentes do colectivo Tanxarina para ensinarnos aos rapaces e rapazas de 5º e 6º como elaborar os nosos própios títeres de variña.
Os elementos que empregaron foron moi sinxelos:unha bola de poliespán,un anaco de tea,unha variña de pau,uns gomets e un pouco de lá.O resultado, espectacular!!

Domingo Abril 24, 2016
Start: 24/04/2016 23:55

O pasado 8 de abril, o alumnado de 5º e 6º asistiu a un concerto didáctico no teatro Afundación, en Vigo. O concerto a cargo de Xoán Curiel e Charo Pita e o seu grupo Son+D2 fai un repaso ao seu libro-disco: Estamos no verán". Ao longo da actuación conta a historia duns amigos que, no verán, queren formar un grupo de música. Un espectáculo no que as nenas e os nenos cantaron, bailaron e improvisaron ao ritmo de diferentes estilos (rock, pop, jazz, blues, bossa nova...). Música en directo, danza e elementos teatrais ou de clown misturáronse para facilitaren unha aprendizaxe da cultura musical e a linguaxe creativa.

Pasámolo moi ben, comprobádeo coa seguinte reportaxe:

Mércores Maio 04, 2016
Start: 04/05/2016 23:31

O pasado día 26 de abril os alumnos de 3º e 4º foron ao Museo de Pontevedra. Alí desfrutaron dunha exposición de cadros de pintores galegos. Resultou moi divertida e interesante, xa que tiveron que facer de detectives, buscando pistas que os levaran a adiviñar o nome dos distintos cadros.


 

Powered by Drupal - Design by artinet