Skip to Content

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

HOXE CELEBRAMOS NO CENTRO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

XURXO deunos unha clase maxistral de música tradicional galega. 

Aprendemos os nomes dos seguintes instrumentos: CULLERES, TIXOLA, BOMBO, PANDEIRO, TAMBOR, GAITA, REQUINTA, ZANFONA E O ACORDEÓN.

Tamén cantamos e aprendemos cantigas  tradicionais galegas.

 

                                            

 

 

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 18-19

Segundo as seguintes ordes que regulan o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, publicamos a lista definitiva de admitidos/as para o curso 2018/2019.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Para consultar as listas pincha aquí.

 

Recordar que o prazo de matrícula é do 20 ao 30 de Xuño.

 

Día non lectivo

Os centros educativos escollen cada curso escolar dous días non lectivos.

O consello escolar do centro acordou solicitar para o cuso 2017-2018 como segundo día: O 18 de maio

Polo que o venres o centro permanecerá pechado.

 

CONCERTO IES ESCOLAS PROVAL

Estimadas familias:

Hoxe tivemos o placer de disfrutar dun concerto do  alumnado de 4º da ESO do IES Escolas Proval.

Ofreceronnos un concerto moi variado, cun repertorio de 8 cancións moi coñecidas.It´s a heartache, BonniTayleer. Buffalo soldier, Bob Marley, Imagine, John Lennon. Sugar, sugar, The Archies. Cheap Thrills, Sía. The house of the rising sun, The animals. Set fire to the rain, Adele. Fiesta Pagana, Mago de Oz.

O repertorio foi  traballado polas mestras de inglés e música, traballando de forma coordinada e integrada.

QUEREMOS MOSTRAR O  NOSO AGRADECEMENTO  AOS RAPACES E RAPAZAS DO IES E AS SÚAS MESTRAS. MAGNÍFICO TRABALLO!! GUSTOUNOS MOITÍSIMO.

 

CELEBRACIÓN DA SEMANA DO LIBRO

Este ano para celebrar o día do libro decidimos encher os chanzos das escaleiras cos títulos dos  nosos libros favoritos.

 

 

REUNIÓN INFORMATIVA

Estimadas familias:

Xa se achegan as saídas de fin de etapa ao cámping cos nenos/as de sexto de Educación Infantil e Primaria.

Para informar das datas, prezos, lugar de realización, actividades e de todos os detalles da saída, realizaremos as seguintes reunións:     

                                                                                               

  • Martes día 24 de abril ás 16:30, na aula de 6ºA  de Infantil.
  • Martes día 24 de abril ás 16:30 , na aula de 6ºB de Primaria.

Un saúdo.

PIOLLOS

 

 

Estimadas familias:

Estamos detectando no  centro a presenza de  PIOLLOS.

Pregámosvos que  revisedes as cabezas dos vosos/as fillas/os e tomedes as medidas oportunas en caso de detectalos, para así poder erradicalos o antes posible xa que son moi contaxiosos.

                                                                            

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS NENOS/AS DE 3 ANOS RECITAN "DOÑA PITO PITURRA"

Festexamos o Día da poesía, e que mellor maneira de celebralo que recitando un poema. Decidimos escoller "Doña pitu piturra", de Gloria Fuertes.
 
Esperamos que vos guste!
 

Semana Santa 2018

Estimadas familias:

 

No calendario escolar establecido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia para o curso 2017-2018 figura como periodo de vacacións:

 

Semana Santa: desde o día 24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive

 

 

Un saúdo,

 

                      Rogelio Pereira Zunzunegui

                                Director

TRABALLO DO ALUMNADO DE INFANTIL

 
Compartimos unha pequena mostra de fotos do traballo realizado en Educación Infantil.
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut