Skip to Content

DÍA DE EUROPA

O Día de Europa é unha celebración que ten lugar o 9 de maio. Celébrase dende  1985, tras ser aprobada polo Consello Europeo.

Pincha aquí e ver diferentes actividades sobre esta conmemoración.

 

                                                

ANÚLASE A SAÍDA Á ILLA DE SAN SIMÓN

Estimadas familias:

Debido as previsións meterolóxicas adversas, pospoñemos a excursión a San Simón para o martes 23 de maio, no mesmo horario e seguimos coa mesma organización.  A autorización entregada é valida a todos os efectos.

Saúdos,

                           O profesorado titor                 

 

CHARLAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Estimadas familias:

O Goberno de España desenvolve O PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS, DURANTE O CURSO 2016-2017.

O Centro solicitou a actividade " Violencia de xénero", xa que consideramos importante ter información sobre este tema e facilitada por expertos, dada a crecente problemática existente.

 

Esta actividade será desenvolvida por persoal da Garda Civil en dúas fases:

  • O martes 9 de maio: charla ás familias ás 18:00 horas. Esperamos contar coa vosa asistencia.
  • O mércores 10 de maio charla ao alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria a partir das 12:30.

                                                     

2 DE MAIO- DÍA NON LECTIVO

Os centros educativos escollen cada curso dous días non lectivos.

O consello escolar do centro acordou solicitar para o curso 2016-2017 os dous seguintes:

  • 17 de marzo de 2017
  • 2 de maio de 2017

A Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra concedeunos, polo que o vindeiro MARTES  o centro permanecerá pechado.

                                 

 

XORNAL A VOZ DO CHANO 2016-2017

                                      Xornal A VOZ DO CHANO

Durante a semana da prensa e ao longo de todo o mes de marzo, o alumnado do Ceip Chano Piñeiro traballou os diferentes tipos de prensa, coñeceron diferentes tipoloxías textuais e manexaron as seccións dos xornais.

De todo este traballo xurdiu o xornal da escola " A VOZ DO CHANO"

                                                 

SE PINCHAS NA IMAXE ACCEDERÁS  AO BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PARA VER O XORNAL COMPLETO

"SEGURIDADE NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS"

O Goberno de España desenvolve O PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS NO CURSO 2016-2017.

O centro solicitou a actividade " Seguridade no uso das novas tecnoloxías", xa que se consideramos importante ter información sobre este tema e facilitada por expertos, dada a crecente problemática existente.

 

Esta actividade será desenvolvida por persoal da Garda Civil en dúas fases:

O martes 4 de abril, charla ás familias ás 18:30. Esperamos contar coa vosa asistencia.

O mércores 5 de abril, charla ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria a partir das 12:30.

 

                          

 

 

ORDES DO MECO

PATRULLAS VERDES

A partir de hoxe comezan a  funcionar as patrullas verdes no Ceip Chano Piñeiro.  O seu cometido é fomentar a reciclaxe nos patios e nas aulas. 

 

 

 

 

AVISO IMPORTANTE!!!

QUERIDAS FAMILIAS:

 

ONTE ATOPAMOS NUNHA BOLSA DE CASTAÑAS UN MANDO DE PORTAL. SE ALGUÉN O ESTRAVIOU QUE PREGUNTE NA SECRETARÍA  OU QUE CHAME AO CENTRO PARA ENVIARLLO.

 

UN SAÚDO

"O MAGOSTO"

Se buscamos a definición de Magosto no diccionario aparece como "Acción de asar as castañas, que en moitas ocasións se converte nun acontecemento festivo."


Co fin de  festexar esta  tradición galega o vindeiro día 15 de Novembro, se o tempo o permite, os nenos/as do Ceip Chano Piñeiro, viaxarán ata o Merendeiro de Chan da Lagoa (Baiona) para  asar as súas castañas.

 

HORARIOS:

 

Educación Infantil,1º e 2º : 9:00-14:00

Educación Primaria 3º, 4º,5º e 6º:  9:00-16:30

 

Os nenos/as que saen ás 16:30h serán entregados aos seus pais/nais pola porta principal do centro.

 

Descargar a autorización de infantil, 1º e 2º 

Descargar a autorización de 3º, 4º, 5º e 6º

Máis información no blogue de actividades complementarias.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut