Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA

ACTIVIDADE REALIZADA POLOS NENOS/AS DE 3 ANOS. BO TRABALLO!!!!

NOVOS XOGOS NO PATIO DE INFANTIL

HOXE ESTREAMOS NOVOS XOGOS  NO PATIO DE INFANTIL

OBRADOIRO DE GAITA

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

                                                                           

O martes 27 de febreiro, ás 17:00h realizaremos unha reunión  informativa para todas as familias que estean interesadas en  matricular aos seus fillos/as no Ceip Chano Piñeiro.

Amosaremos as instalacións e informaremos sobre o funcionamento do centro.

 

                                                             

ENTROIDO 2018

OBRADOIROS E PATIOS DE INFANTIL

Este ano  en Educación Infantil estanse a realizar obradoiros moi INTERESANTES!!!! 

Tamén se modificou o patio de Educación Infantil. Agora o alumnado desta etapa educativa pode xogar coa auga, os espellos, as pizarras en flor, os novos patinetes, os triciclos e os xogos de equilibrio.

Se queres ver que ben o pasan! PINCHA NA IMAXE  para poder ver un video coas fotos dos nenos/as gozando moitísimo.

 

                                                                                             

 

ADORNO DE NADAL

                                                            Estimadas familias:

Xa se achegan as festas do Nadal e este ano a decoración da árbore do centro imos facela con PINZAS DE MADEIRA.

O alumnado deberá traer un adorno feito artesanalmente con pinzas de madeira, son validos todos os materiais que se vos ocorran, o tamaño das pinzas é de libre elección.

A data límite de entrega será o martes día 12 de decembro.

Deixade voar a vosa imaxinación.

Unha aperta,

                                 O EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

DÍA NON LECTIVO

No calendario escolar deste curso 2017-2018 figura como día non lectivo o 7 de decembro de 2017, polo que ese día o centro permanecerá pechado.

Un saúdo.

LAZO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Estimadas familias:

 

O vindeiro luns, día 27 de novembro, imos conmemorar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO polo que todo o alumnado debe vir vestido de negro.

A actividade consistirá en formar un gran lazo entre todo o alumnado do centro en sinal de repulsa contra a Violencia de Xénero.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut