Skip to Content

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Os nenos/as de terceiro, cuarto, quinto e sexto participaron nas Xornadas de Educación vial que  impartiu a Policía Municipal  de Gondomar. 

 

SAMAÍN

                                                              

Estimadas familias:

 

A vindeira semana vaise festexar no centro o SAMAÍN, realizaranse diversas actividades: xogos de pistas “PÁNICO NO CHANO”, O TRAGAMEDOS, EXPOSICIÓN DE CABAZAS E OBRADOIROS TEMÁTICOS.

Para a exposición de cabazas necesitamos a vosa colaboración, os alumnos/as poderán aportar cabazas xa decoradas de xeito voluntario. As cabazas deberán vir decoradas e xa rematadas o luns 24 ou martes 25 de outubro, non esquezades poñerlle o nome do alumno/a e o curso ao que que pertence.

Aquelas familias que queiran levar para a casa a súa cabaza poderán pasar a recollela o mércores día 26 de outubro en horario de 16:00 a 18:00 horas.

 

A exposición de cabazas abrirase para as familias o martes día 25 de Outubro de 16:30 a 17:30 horas.

 

O Día 28 de Outubro os nenos/as de infantil poderán vir disfrazados e os de primaria poderán asistir con algún complemento ( maquillaxe, gorro de bruxa, careta, perruca, etc) relacionado co medo, non disfrazados.

Moitas grazas anticipadamente e animádevos a participar.

 

 

                                O Equipo de Actividades Complementarias.

 

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicación da listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros de Texto para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

                                       

 

Se non aparecedes na lista  ou ante calquer dúbida chamade ao centro en horario de 9 a 14 horas.

Prazo máximo para facer reclamacións o día 6 de xullo. 

Esta lista é provisional, non mercar os libros ata a publicación da lista definitiva. 

PUBLICACIÓN DA LISTA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO 1º E 2º

 

 

TODOS OS NENOS/AS QUE APARECEN NA LISTA DE AXUDA DE LIBROS DE TEXTO  DEBEN PASAR POLO CENTRO A RECOLLER O VALE CORRESPONDENTE,  ANTES DO DÍA 1 DE XUÑO. ( PINCHA NA IMAXE PARA VER A LISTA)

 

                                

VALES DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

XA SE PODEN RECOLLER NO CENTRO OS VALES DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO.

PINCHA NA IMAXE PARA CONSULTAR A LISTA DE MATERIAL OU CHAMAR AO CENTRO.

 

LISTAS DE FONDO LIBROS E ENTREGA DE VALES

Estimadas familias:

                                                                                                                       

Debido a erros informáticos no portal de Xunta de Galicia hoxe foi imposible xerar vales de libros e material, co cal non poderemos entregalos mañá  día 28 de xuño.

Tamén nos informan  de  que non se poderá xerar a lista provisional do Fondo Libros ata o día 1 de Xullo. 

 

Un saúdo e disculpade as molestias.

 

                                     

REVISTA DO CURSO 2015-2016

 

Saídas do día 7 de Xuño

Estimadas familias:

 

Dende o centro queremos recordar o horario de regreso das saídas programadas para hoxe:

 

Primeiro e segundo- saída as Illas Cíes- regreso ás 19:00 horas.

Terceiro e cuarto de Educación Primaria- saída ao Río Barosa- regreso ás 18:00 horas.

Tres e catro anos - saída ao Monte Aloia e a praia de Camposancos- regreso ás 18:00 horas.

 

Recordar que os nenos/as de infantil entregaranse na porta da súa aula e os de primaria na porta principal do centro.

 

 

VISITA AO RÍO BAROSA

 

 

      OS NENOS/AS DE TERCEIRO E CUARTO VAN  VISITAR A MUIÑADA DO  RÍO BAROSA

                       

Xustificación

Galicia posee dentro do seu territorio espazos naturais cun gran patrimonio medioambiental e etnográfico. O espazo Natural Ría de Barosa constitúese como un perfecto exemplo deste patrimonio galego, xa que nel conviven elementos tan importantes como a flora, a fauna, a auga, a fervenza, os muíños e a tradición cultural galega.

Estos elementos fan de Barosa un lugar excepcional para que os/as nenos/as aprendan xogando coa natureza e coa tradición galega, mediante a aprendizaxe práctica de temas como o funcionamiento dos muíños, a elaboración do pan, a importancia da auga, o coñecemento dos animais e plantas do parque, etc…

O espazo Natural Ría de Barosa está situado no Concello de Barro, na provincia de Pontevedra. Unha das riquezas deste espazo natural o constitúe o seu patrimonio medioambiental de flora e fauna que habita no seu interior. Ofrece unha ampla biodiversidade medioambiental cun bosque típico da beira dun río, con ameneiros, freixos, salgueiros, loureiros, carballos, etc. Tamén ten una gran diversidade de herbas como ortigas, mofo, algas, fentos, etc.

Ademais o espazo natural acolle a unha multitude de especies animais como réptiles, anfibios, aves e mamíferos.

Este espacial complexo etnográfico-medioambiental se atopa nunha excepcional topografía, expresión natural en forma de remansos e fervenzas, chegando á máxima expresión coa fervenza de Barosa, duns trinta metros de desnivel.

Obxectivos:

 Coñecer os animais e as plantas que están presentes en Barosa.

 Aprender a imporancia da auga nas nosas vidas.

 Coñecer o funcionamento dos muíños.

 Coñecer os ingredientes con que se fabrica o pan e derivados

 Aprender a facer masa, amasala e darlle forma.

Contidos:

 Animais e plantas que viven no Espazo Natural Ría de Barosa: coellos, rans, sapos, reptís, etc.

 A auga: importancia de auga nas nosas vidas

 As fervenzas.

 Os muíños de auga.

 Cereais usados nas moendas

 Ingredientes que leva a masa para facer pan e derivados

 As cancións populares nos muíños.

Actividades

A visita no espazo natural Ría de Barosa estará composta polas seguintes actividades:

Actividade etnográfica: explicación de cómo funcionaban os muíños antigamente mediante a posta en funcionamento dun deles. Posteriormente os/as nenos/as amasarán pan, cocerano no forno e cada un deles levará para a súa casa un molete feito por eles.

Obradoiros. Cando a visita no parque sexa de todo o día, pola tarde os nenos participarán en obradoiros relacionados coa natureza e a cultura popular galega.

Unidade Didáctica relacionada coa actividade a realizar no parque.

Poemas e cancións populares. Presentarémoslles uns poemas e cancións para que os/as nenos/as as poidan aprender previamente e así poidan cantar durante a visita.

Visita de mediodía

As actividades que realizarán os nenos pola mañán serán:

 Recepción dos nenos: o monitor explicará aos nenos as actividades que van a realizar no Espazo Natural da Ría de Barosa.

 Historia dos muiños e de Barosa en concreto: Se lles explica os nenos a historia dos muiños en Barosa e en Galicia en xeral. A importancia que tiveron a nivel económico, industrial e social en Galicia. Tamén lles explicamos que tipos de cereais se moian, como se transportan etc etc

 Percorrido polo espazo Natural Ría de Barosa: como primeira actividade, os/as nenos/as pasearán polo parque para que poidan coñecer o entorno sobre o que se van a desenvolver durante a visita.

 Actividade etnográfica: explicación de cómo funcionaban os muíños antigamente mediante a posta en funcionamento dun deles. Posteriormente os nenos amasarán pan, cocerano no forno e cada un deles levará para a súa casa un molete feito por eles. Na última hora faremos un taller cos nenos onde un compañeiro panadeiro lles ensinará os nenos como se fai a masa para cocer e lle proporcionaremos un pedazo de masa a cada neno para facer un taller con eles e que aprendan a traballar a masa. A hora de marchar damoslle un pequeno molete de pan a cada neno.

 Ruta de sendeirismo: En Barosa temos a ruta de sendeirismo (PR-G 105) de dificultade media. Para nenos a partir de 8 anos.

NOTA: a media mañá se lles proporcionará aos nenos un tentempé consistente en leite galletas e zumes.

Visita de mediodía

Prezo por neno: 8€ (Con almorzo, taller de pan e un molete de pan de agasallo para cada neno)

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN DEIXAMOS O SEGUINTE ENLACE, OU NO BLOGUE DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.

 

 

 

FOTOS DO CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA ( LETRAS GALEGAS)

                    

Distribuir contido


by Dr. Radut