try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

obradoiro

OBRADOIRO CON CHARO PITA: "ABRAZAR COAS PALABRAS"

 Ola familias!

 Enmarcado no programa Lectura e Familias, o martes 8 de marzo ás 16:30 horas temos o pracer de recibir na nosa biblioteca a Charo Pita.

 Charo Pita é escritora, actriz e contacontos galega. Ten unha gran experiencia en obradoiros de lectura expresiva e narración oral. Nesta ocasión vainos ofrecer o obradoiroAbrazar coas palabras.

 Non podedes faltar!

 Nós xa estamos a desexar que chegue o día!

 Aquí deixámosvos un pequeno avance para ir abrindo boca…

O MESTRE DE XADREZ NA REBORRADIO

Preme na imaxe para escoitar o programa.

OBRADOIRO DE XADREZ

Esta semana empezamos os obradoiros de xadrez. Brais Otero Nogueira, profesor xadrecista do club de Mos, será o encargado de iniciarnos. Estará connosco os luns, mércores e venres.

Esta semana empezamos cunhas nocións básicas e cos movementos dos peóns e o rei.

Esperamos con impaciencia a seguinte clase!

 

 

 

 

Dúas investigadoras do Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga imparten un obradoiro a todo o alumnado do centro.

Co obxectivo de acercar a ciencia aos máis pequenos, dúas investigadoras do Laboratorio Internacional  de Nanotecnoloxía de Braga, impartiron  no centro o obradoiro " MISIÓN NERD ".

Coa realización de sinxelos experimentos , de forma lúdica e participativa, explicaron ao alumnado diferentes procesos físicos e químicos.

Resaltando  o feito de ser " científicas e mulleres" animaron a todas as nenas do centro a ser o que elas queiran ser e non o que impoñan " estereotipos de xénero".

Grazas a Lorena e Sara por compartir con nós a súa pasión pola " ciencia".

 

                                             Momento no que Aarón ,alumno de 5º, participa na realización dun experimento.

 

 

Distribuir contido