NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO...

Adícalle 4:32 o seguinte vídeo.

Orgullosos de ser un centro de Ensino Público: Educación Obrigatoria e Gratuíta!

Se queres aportar algo máis deixa o teu comentario.


 

Gracias, Jose, por achegarnos este vídeo.

Na defensa do ENSINO PÚBLICO!

XUNTANZA PROXECTO ARCE

Premendo nas seguintes imaxes, verás unha reportaxe sobre todo o que aconteceu esta fin de semana de xuntanza ARCE: realización dun maio, saúdo do Ilmo Sr. Alcalde e a Concelleira de Educación,  visita pola ría de Vigo, paseo polas rúas de Santiago e navegando pola ría de Arousa.

 

BENVIDA NO COLEXIO COÑECENDO O ENTORNO

 

Máis información no Lar de frianciño

BENVIDAS/OS Á XUNTANZA DO PROXECTO ARCE

O proxecto Arce "Un bosque para leer e navegar" está chegando ó seu fin, con tal motivo, mestras dos colexios agrupados (Joan Rebull, Reus; El Llano, Gijón; El Jardín de arena, Alcázar de SanJuan) chegaron o xoves 10 de maio a nosa cidade. 

 

O venres  recibímolas no noso colexio. Presentámonos todos e todas, visitaron as aulas do noso centro, estivemos a preparar a memoria deste proxecto tan fructífero e  á unha entre todos e todas  fixémoslle un recibimiento  moi especial,  na que estivo presente o Ilmo. Sr. Alcalde de Vigo acompañado da Concelleira de Educación encargados xunto coa nosa directora de dar a benvida  ás nosas convidadas.

Para este momento, a Anpa, da man de María Alonso,  preparou a construción dun maio e a composición dunhas coplas, que fixeron as delicias de todos/as os presentes. Despois todos xuntos/as entoamos a canción: O verde mola!

Rematamos o acto cun  intercambio de agasallos.

A continuación podes ver unhas fotos dos mellores momentos:


No seguinte vídeo podedes escoitar as coplas dos maios:


 

MOITAS GRAZAS, A TODOS E TODAS, OS QUE FIXERON POSIBLE UN DÍA TAN ESPECIAL!

LETRAS GALEGAS 2012

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ACHEGÁMONOS Á NOSA LÍNGUA A TRAVÉS DA FIGURA DE:

valentin        

 

ACTIVIDADES ELABORADAS POLO NOSO PROFESORADO
MOUCHO GALEGO
ACTIVIDADES ATOPADAS POLA REDE

 

 

Na seguinte presentación, recollemos o traballo feito no Ceip Castelao de Rianxo, co gallo do Día das Letras Galegas 2012:


ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO ANPA PARA AS VINDEIRAS SEMANAS

actividades ANPA

A nosa ANPA, moi activa, proponnos para as vindeiras semanas as seguintes actividades:

  • Andaina pola reserva Natural da Illa de Arousa
  • Elaboración dun maio
  • Visita ao Parque Arqueolóxico de Campolameiro

No seguinte documento, podedes ler máis detalles sobre as mesmas:

 


 

COMO BALEIRAR UN OVO PARA DECORAR O NOSO MAIO:


RESOLUCIÓN DO CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

O venres pola tarde Whithney (6º), Candela ( 6º ) e Gonzalo ( 4º ) viaxaron ata Santiago de Compostela para recoller o seu diploma como finalistas do Concurso: "Unha xoia para a túa nai". Estiveron acompañados dos seus pais e nais, das súas mestras e directora do colexio. Esta vez non puido ser, xa que a esperada xoia non chegou, outra vez será... ata o ano que ven!!!



 

 

Nesta presentación, podedes ver os debuxos dos tres finalistas do concurso.


 


Para saber máis visita os seguintes enlaces:

Deseño de xoias gañadoras

Colexio oficial de xoieiros de Galicia

DÍA DO LIBRO 2012

Para o 23 de Abril, Día do Libro, a nosa Biblioteca proponnos actividades moi interesantes que atoparás premendo na seguinte imaxe.

DIA DO LIBRO

 BO DÍA DO LIBRO!

No Frian, marcapáxinas por libros e margaridas por rosas

marcapáxinas e margaridas

APADRIÑAMENTOS LECTORES, ENLACE AO BLOG DA BIBLIOTECA.

FINALISTAS NO CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA"

DESEÑA UNHA XOIA

Entre 7.167 participantes, tres alumnos/as do noso colexio: Gonzalo Agrafojo Delgado (4º primaria), Candela Fernández Carballas (6º primaria) e Whitney Rusen (6º primaria) entre os 80 finalista do Concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría.

A entrega dos diplomas aos finalistas e das xoias aos gañadores terá lugar o venres 27 de abril 2012, ás 18h, no CGAC de Santiago de Compostela.

 

OS NOSOS PARABÉNS E MOITA SORTE!

 

Máis información

ESCOLA DE PAIS E NAIS

familia

Máis que un teito, e un programa organizado polo  Plan local sobre drogodependencias e outras adiccións, a Concellería de política e benestar do Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e coa colaboración do Departamento de Orientación do  Ceip Frian Teis, para axudar ás familias na súa laboura diaria.

O longo de tres xornadas, no colexio trataranse temas como: normas e límites, estilos educativos, comunicación e resolución de conflictos...


Datas de celebración:

         Mércores 11 abril 2012, de 16:00 a 18:00 h


                Mércores 18 abril 2012, de 16:00 a 18:00 h       

   Mércores 25 abril 2012, de 16:00 a 18:00 h

ESPERÁMOSVOS A TODOS E TODAS!

Máis información


Na Mostra do Ensino

mostra do ensino

O xove,s 12 de abril, o alumnado de 6º viaxou ata a Coruña para visitar a Mostra do Ensino, onde participaron nunha aula abalar demostrando  algunhas das cousas que levan aprendidas durante os dous últimos cursos. Convidados pola Consellería de Educación.

A continuación damos paso a unha reportaxe fotográfica, dos mellores momentos deste día tan especial.

Durante o noso paso pola Aula Abalar:


Houbo tempo para visitar  a Mostra:


 

Completamos o día visitando o Aquarium, a Casa dos Peixes de Coruña:


PASAMOS UN DÍA ESTUPENDO!

Google e Valentín Paz Andrade

Con esta iniciativa preténdes recadar apoio popular para acadar que Google adique o seu logoa do 17 de Maio de 2012 a Valentín Paz Andrade. Asinade xa, no espazo adicado a tal fin ao final deste artigo

ANÍMATE FALTAN POUCAS FIRMAS!


4e1496c3e12688.00091208


Actúa agora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal
 

MOSTRA DO ENSINO 2012

MOSTRA

A Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación  Universitaria esta a  organizar a Mostra do  Ensino Galicia 2012, que  terá lugar entre os días  11  e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.

Coincidindo coa Mostra do  Ensino Galicia 2012, terá  lugar o congreso  Formación  e  competencias na nova  sociedade.

Os nosos alumnos e alumnas de 6º de primaria (despois de ser seleccionados/as) acompañados/as das súas titoras, a mestra de Inglés e a Coordinadora Abalar,  participarán en dita mostra o día 12 de abril; demostrando o manexo adquirido nestes dous cursos coas ferramentas e programas instalados nos miniportátiles abalar e o encerado dixital, nunha aula disposta en dita mostra para tal fin.

Máis información: Mostra

Máis información: Congreso

O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO, 2 DE ABRIL.

 

LAZO AUTISMO

O luns 2 de abril, no salón de actos do Marco, ás 6 do serán, realizarase un acto conmemorativo do Día Mundial de concienciación do autismo. Haberá  unha sesión de contacontos e a presentación do libro "Un soño na bandexa", adaptado á lectura con pictogramas.

TRÍPTICO OFICIAL DO ACTO CONMEMORATIVO


DURANTE ESTE MES DE MARZO...

Neste artigo podedes apreciar un resumo das actividades máis relevantes do mes de marzo.

dia mundial da auga
DÍA DA POESÍA 2012 DÍA MUNDIAL DA AUGA 2012
CAPOEIRA INSTITUTO
DEMOSTRACIÓN DEPORTIVA E PARA O PRÓXIMO CURSO...
hallazgos cabo udra
PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: A PREHISTORIA ANDAINA CABO UDRA
actividade de inglés
LINGUA INGLESA
MOUCHO LECTOR
ACTIVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Powered by Drupal - Design by artinet