Deporte escolar

O EQUIPO DO FRIAN NO ATLETISMO EN PISTA

O noso alumnado de 4º de Primaria acudiu o pasado luns ás instalacións de atletismo montadas no IFEVI.

Alí, gozamos dunha xornada de convivencia con outros centros da contorna, e competimos en diferentes

probas como 500 metros lisos, salto de lonxitude e lanzamento de peso e vórtex entre outras.

Esta actividade forma parte do plan proxecta de actividades de vida activa e deportiva dentro do programa

XOGADE.

Foi unha experiencia inesquecible e formamos un equipo de primeira!

 

XORNADA DE ATLETISMO

O día 2 de febreiro os alumnos de 2* de primaria tuvieron unha clase especial de atletismo incluída no proxecto Xogando. Ao noso centro asistiron dúas deportistas deste proxecto a impartidla.A clase consistiu en facer xogos nòs que os nenos e nenas traballaron as tres disciplinas do atletismo:Carreira ,lanzamiento e salto.

Esta actividade está relacionada directamente co PDI do cole :”De xogo en xogo “onde traballamos e coñecemos os diferentes deportes olímpicos así como diferentes xogos tradicionais.

ATLETISMO

 

A pesares dos nervios iniciáis , gozaron moito con ela!!!

CROSS ESCOLAR 23/24

cross

Por segundo ano consecutivo participamos, grazas ao servizo de deportes da xunta co seu programa XOGADE, no campionato de Campo a través de Zamáns.
Por mor do mal tempo, o día tardou moito en chegar, xa que se suspendeu ata en dúas ocasións. Pero grazas a iso, chegamos á carreira con máis ganas que nunca e o terreo estaba en perfectas condicións. Gozamos deste desafío deportivo nun ambiente de amizade e solidariedade entre os participantes, demostrando non soamente a nosa capacidade física, senón tamén forza mental e sacrificio.
Ao cruzar a liña de meta, a fatiga transformouse en satisfacción polo traballo de superación persoal realizado. Sensación que levou a todos os participantes a querer participar de novo o vindeiro ano.
Agradecer a entidade organizadora o traballo realizado, que nos  consta foi moi minucioso, porque grazas a eles resultou todo un éxito que celebramos bailando co DJ que amenizou toda a xornada.

Vémonos no 2024!
 

XORNADA DE PIRAGüISMO CO CLUBE OLÍVICO

     O pasado 15 de xuño, os nenos e nenas de 5º e 6º, gozaron dunha sesión práctica de piragüismo. O anfitrión foi o clube Olívico de piragüismo. Deixamos un vídeo do ben que o pasamos. Se queredes seguir practicando este refrescante deporte podes acercarte a Bouzas e contactar co Clube Olívico, teñen moitos horarios. Ánimo!!

  

 

 

 

XORNADAS BALONMÁN

     Os pasados 16 e 19 de xaneiro, tivemos unhas xornadas de aproximación e coñecemento dun deporte moi popular na nosa provincia: o balonmán. Nesta ocasión os encargados de adentrarnos neste completo deporte, foron Samu e Alba, antigos alumnos do cole. El é adestrador do Clube balonmán Chapela e seleccionador xuvenil galego e ela adestradora do mesmo clube e xogadora en categoría absoluta. Se queredes pasalo ben e facer deporte, non dubidedes achegarvos ao pavillón de Chapela de luns a venres polas tardes. Animádevos!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet