Teatro

TEATRO NA RESIDENCIA PARA MAIORES

Os alumnos e alumnas de 4º A rematamos o curso participando nunha actividade teatral no Centro para Maiores Domus de Teis. Inolvidable é a palabra que mellor define esta experiencia que non dudamos repetir.

TEATRO INTERESCOLAR

teatro 4ºA

O alumnado de 4ºA participa, por segundo ano consecutivo, na X edición de teatro interescolar organizado polo Concello de Vigo.

Este ano actuamos coa obra titulada " Restaurante dous irmáns", unha obra orixinal que contén cancións adaptadas dos musicais "Annie", " Mamma mia!" e "Grease", onde o noso alumnado canta en directo, baila e fai coreografías con cordas.

A obra trata sobre dous irmáns que, con moito esforzo, son quen de abrir o seu propio restaurante. Temas como a colaboración, a igualdade, a resolución de conflictos e que todos os problemas pódense solucionar contando coa axuda dos demais, tócanse nesta pequena obra.

Trátanse, ademais, temas como a alimentación saudable: alimentarse ben, as diferentes propiedades dos alimentos como as vitaminas e os seus beneficios para o noso corpo que fan relación co PDI do noso cole "CEIP plurilingüe Frian Teis".

 

Estas son as cancións inventadas polo alumnado relacionadas co noso PDI.

 

   

 

 



 

 

Mago de Oz Sala Ártika

 
O alumnado de infantil ,1º e 2º de educación primaria realizamos unha saída a sala Ártika para ver a función "O Mago de Oz"

Teatro intercentros: Visita ó Ceip Ría de Vigo

 

O venres 10 de xuño, visitamos o Ceip Ría de Vigo, para facer a nosa última representación de Teatro "O día e a noite". Actuamos ante un público moi entendido, que estiveron moi atentos durante toda a representación. Rematamos a mesma facendo bailar a todo o público dirixidos maxistralmente pola mestra María.

Despois da actuación obsequiáronnos cuns diplomas e cunha estupenda merenda; cando rematamos disfrutamos dun ratiño de lecer compartido no patio.

E antes de marchar agasalláronnos cunhas bonitas plantas que de seguro coidaremos con moito esmero.

 

Agradecer ó mestre Manolo a súa colaboración como especialista en son e imaxe;  a mestra, Ana Fernández, como reponsable desta actividade qeu nos acompañou todo o curso; e, o mestre Victorio pola idea e creación dos diálogos.

 

Noraboa ós/ás artistas e ós/ás mestres/as por toda a dedicación!

Xornadas de Teatro 2016

Os alumnos/as de 5º de primaria foron os encargados/as, este curso, de representar ó colexio nas Xornadas Municipais de Teatro  Escolar 2016 e no tamén no Teatro Intercentros.

O mércores 4 de maio debutaron, tendo a responsabilidade añadida de innagurar as xornadas deste ano. O noso grupo, coa obra: "Os amigos da noite", actuou no Auditorio do Concello en presenza de numerosos pais e nais, do alumnado de 4º do noso centro, do colexio Valle Inclán e da Escola Municipal de Teatro, este dous últimos como participantes.

As xornadas foron innaguradas polo Sr. Alcalde e a nosa directora, Olga, en calidade de Conselleira de Educación.

A obra foi todo un éxito. Despois duns meses de duro traballo, os/as 38 alumnos/as de 5º fixeron as delicias dos espectadores do Auditorio.

Moi ben rapaces, sodes uns verdadeiros artistas!

Deixámosvos a gravación da mesma:

Powered by Drupal - Design by artinet