Teatro

Teatro intercentros

O grupo de teatro do Ceip Emilia Pardo Bazán representou, o martes 19 de maio, no noso colexio, a obra "Sopla", correspondente o programa de teatro intercentros.

teatro

 

Con unha posta en escena sinxela pero á vez fantástica, conseguiron ter atentísimos o numeroso público, durante 45 minutos. Os brecolianos, seres doutro planeta, ensináronnos a sorrir, non ter medo, ser valentes...

Despois de facer a representación, degustaron unha boa merenda e xogaron no patio.

Noraboa polo voso traballo e ata sempre!

TEATRO INTERCENTROS 2015

Despois de moitos ensaios, por fin chegou, o debut do grupo de teatro deste curso 2014/15.

teatro

O 28 de abril o alumnado de 4º e 5º, que este ano representamos ao noso colexio no festival de teatro intercentros, desprazámonos ao colexio do Chouzo (Ceip Emilia Pardo Bazán) para representar a obra "Brancaneves". Ainda que estabamos algo nerviosos actuamos moi ben e aplaudíronnos moito. Tamén obsequiáronnos cunha merendola e agasallos.

 

Visitamos o Ceip Seis do Nadal co teatro intercentros

O 22 de maio acudimos a nosa cita de teatro intercentros o Ceip Seis do Nadal. Teivemos unha fantástica acollida. O noso alumnado de 5º fixo unha grande representación. Tamén agasalláronnos cunha estupenda merenda.

 

V XORNADAS DE TEATRO MUNICIPAL 2014

O martes 6 de maio, foi a nosa quenda, para participar nas V Xornadas de Teatro Municipal no Auditorio do Concello. Estreamos a nosa obra "A illa de Frian" xunto con outros colexios;  o Ceip Valle Inclán, coa obra "Os músicos de Vilar"; e o Ceip Lope de Vega, coa obra "Coma ti". Rematamos o día coa entrega de diplomas e moitos aplausos. Deixamos a continuación unhas fotos das actuacións.

 

O vindeiro 22 de maio actuaremos no Seis de Nadal, daremos cumprida información.

TEATRO NEGRO PARA DESPEDIR A TEMPADA TEATRAL

O CEE Saladino Cortizo despide no noso colexio a tempada de teatro intercentros.


Alumnado do Saladino Cortizo

Cunha estupenda interpretación, 21 alumnos e alumnas do CEE Saladino Cortizo, fixeron as ledicias do noso alumnado máis cativo (Infantil, 1º e 2º), coa a súa representación da obra "Unha eiruga moi larpeira". A técnica que empregaron nesta ocasión foi "Teatro Negro"; cun salón de actos totalmente a escuras, foron pouco a pouco gañándose ó público.

O noso alumnado de 1º aproveitou para interpretarlles un conto acumulativo e unha canción con baile.

Para rematar e despois da entrega de agasallos houbo unha suculenta merenda. 

 

Noraboa a todos/as os actores e actrices!!!

Powered by Drupal - Design by artinet