Deporte escolar

SESIÓN DE BALONKORF NO CENTRO

Esta semana asistimos a unha sesión de balonkorf descubrindo así un deporte colectivo que descoñecíamos e que disfrutamos moito porque xogamos dun xeito rápido e variado un deporte totalmente mixto.


O balonkorf consiste en introducir un balón completamente polo cesto do equipo contrario, valorando cada enceste 1 punto. O equipo que consiga máis puntos ó final do tempo do xogo, consideraráselle o gañador do partido.
Como resume do xogo imos detallar algunas características importantes:


1.É un deporte mixto.
2.Existe unha completa rotación de cambio de roles (ataque e defensa)
3.As regras están pensadas para favorecer a colaboración entre os compoñentes do equipo.
4.As diferencias da nosa condición física quedan disminuidas.
5.A participación de los diferentes sexos realizase en igualdade de condicións.
6.Para acadar o éxito nas xogadas é necesario apoiarse nos compañeiros.
7.Non requiere equipamentos especiais nin custosos
8.A agresividade está moi controlada neste deporte.
9.Non correr ou andar co balón pero si "pivotar"
10.Non empurrar, golpear ou obstruir a un contrario.

 

BALONKORF from josemaillo on Vimeo.

XOGANDO CO ATLETISMO I

O día 15 de abril competimos no CGTD de Pontevedra na sesión de deporte na escola na especialidade de atletismo. Levamos 4 equipos: 2 de benxamín mixto e 2 de alevín masculino e feminino. 

 

Eiquí deixamos o primeiro vídeo.

 

 





... e eiquí o segundo.

 

 

xogando co atletismo I Pontevedra provincial 2 from josemaillo on Vimeo.

 

Temos que dicir que o equipo feminino alevín acadou a terceira praza o que lle da dereito a participar no campionato autonómico.

O TRIATLON NA ESCOLA

O pasado 13 de abril tivemos connosco a Lorena, unha acreditada triatleta. Os alumn@s de 5º e 6º aprendimos todo o relacionado co respecto ao deporte do triatlon: transicións, entrenos, técnicas... deixamos uns videos do ben que o fixemos...

 

Práctica de nen@s de 6º

 



Carreiras de 6º

 




Práctica de nen@s de 5º

 


Carreiras de 5º

 

5ª XORNADA DE DEPORTE NA ESCOLA

A 5ª xornada foi adicada a modalidade de atletismo e de natación.

A continuación podes ver os integrantes dos nosos equipos de natación e atletismo:

A continuación podedes ver a proba de 25 m. estilo croll. Nada polo noso colexio na calle dúas Diego Pereiro de 4ºB

A continuación unha das probas de atletismo: relevos.
Quedamos quintos.
Proba de 10x10, atletismo. Candela quedou 2ª.



Lanzamento de xabalina. Carlos quedou 5º.
Salto de lonxitude cos pes xuntos. Hugo 1º.
Lanzamento de balón. Iago 1º.

4ª XORNADA DE DEPORTE NA ESCOLA

O pasado 17 de abril foi a 4ª e última xornada de deportes colectivos. Xogamos contra o colexio Martín Codax. Eiquí tedes unha foto do grupo, o resto na galería.

 

grupo

Powered by Drupal - Design by artinet