Deporte escolar

PATINANDO CON BOMBA HACHE

   A nosa compañeira Sara de lingua inglesa (Bomba Hache), recoñecida patinadora, deleitonos cunhas sesións prácticas de patinaxe. Deixamos unha reportaxe fotográfica das mesmas. Un pracer ter pasado este tempo coa túa presenza.

 

 

5º/6º

 

 

 

 3º/4º

 

 

 

XORNADA BáDMINTON

O pasado día 3 de novembro tivemos a visita de dous referentes no bádminton autonómico, Juan Vila e Brais, do clube "Rachaplumas". Contáronnos algo da historia, técnica e anécdotas deste apaisoante deporte tan de actualidade. Na Etea tendes oportunidade de probalo en diferentes horarios. Animádevos!!!

 

SESIÓNS DE ERGóMETRO-REMO

      Unha representación do clube de remo A Virxe da Guía, trouxéronnos 3 ergómetros de remo para introducirnos no deporte do remo. Foi unha moi boa experiencia. Se alguén quere máis, teñen ao longo do verán diferentes cursiños no seu local, preto da praia da Punta.

 

CAMPEONATO PROVINCIAL ATLETISMO XOGADE

      O pasado xoves 25 de maio tivo lugar nas instalacións do Centro de alto rendemento de Pontevedra o Campionato provincial de atletismo escolar (XOGADE). Despois de clasificarnos no Campionato de sector de Vigo competimos con 5º B. Esperamos para o vindeiro curso repetir a experiencia. Foi unha honra ter recibidas as medallas das mans da gran atleta Solange Pereira, campiona nacional de 1500 metros e gran promesa do atletismo hispano. Podedes ver a continuación os mellores momentos da competición.

 

 

 

XORNA ATLÉTICA NO CUVI

     Segundo ano consecutivo que o noso centro é invitado a unha xornada de atletismo nas instalacións da Universidade de Vigo no CUVI. Como a pasada edición, fomos cos quintos e levamos dous equipos completos. Deixamos a continuación unha película das distintas probas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet