XORNADAS BALONMÁN

     Os pasados 16 e 19 de xaneiro, tivemos unhas xornadas de aproximación e coñecemento dun deporte moi popular na nosa provincia: o balonmán. Nesta ocasión os encargados de adentrarnos neste completo deporte, foron Samu e Alba, antigos alumnos do cole. El é adestrador do Clube balonmán Chapela e seleccionador xuvenil galego e ela adestradora do mesmo clube e xogadora en categoría absoluta. Se queredes pasalo ben e facer deporte, non dubidedes achegarvos ao pavillón de Chapela de luns a venres polas tardes. Animádevos!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet