Apradiñamentos lectores 2017

"Día do libro 2017 no Frian"

 

       O venres 21 de abril, celebramos no noso colexio o Día do libro, debido a que a data exacta coincide en domingo.

    O noso xeito de celebralo foi facendo un "Apradiñamento lector" e así converternos en "Padriños e madriñas, afillados e afilladas lectores/as". O alumnado dos cursos superiores leron ós demais cursos. Cada padriño/madriña foi a buscar ó seu alillado/a e levouno ó seu lugar preferido do cole para facer a súa lectura, e coma os nenos e nenas son moi listos, buscaron a sombra e un dos mellores lugares do patio para facer as súas lecturas.

 

 

    Foi unha delicia sentir durante media hora como todo o cole estaba inmerso na lectura de contos de medo, de piratas, de animais, de princesas, do circo...

 

   Só un murmullo de voces, de voces literarias, reinaban no patio, no areeiro, nas escaleiras...calquera lugar era bo para saborear unha boa aventura lida por un compañeiro ou compañeira de cole.

 

    Como non podía ser doutro xeito, unha experiencia así, tiña que ter un agasallo. Houbo intercambio de marcapáxinas, un bico e as gañas de repetir a experiencia.

 

 

 
 
Grazas, Día do libro!
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet