Proxecto 3: "Máster Chef"

O último proxecto do trimestre está adicado á nutrición e aos hábitos de alimentación saudable.

Temporalización: 15 de novembro ata 20 de decembro.

O plan de traballo recollémolo, como nos proxectos anteriores, nun “genially”:

Continuamos a traballar en lingua a elaboración de esquemas, esta vez, fixémolos dos aparellos da nutrición.

En plástica debuxamos os aparellos e fixemos unha práctica co sistema respiratorio.

As tarefas finais do proxecto foron as seguintes:

1.- Elaboramos unha bebida isotónica propia: Cada alumna e alumno inventou un nome para a súa bebida. Deseñou, coa ferramenta dixital canva, a etiqueta para o envasado tendo en conta as partes imprescindibles de toda etiqueta comercial. E para finalizar prepararon un vídeo para publicitar o seu produto. Pon unha bebida isotónica na túa vida:

Promocionando as nosas bebidas isotónicas:

2.- Deseñamos un almorzo saudable: o último día de curso almorzamos todos e todas xuntos/as no cole. Foi unha experiencia moi gratificante, practicando hábitos saudables e compartindo cos compañeiros/as uns intres inesquecibles.

 

En 5º de primaria o porxecto foi seguido a través da seguinte "Genially"

 

Realizamos tres tarefas:

1º- Libros cooperativos dos distintos aparatos

2º- Mapa conxunto do corpo humano

3º- Consellos saudables sobre os distintos aparatos.

 

2º Mapa conxunto do corpo humano

Powered by Drupal - Design by artinet