Proxecto 4: "Os superenerxéticos"

Continuamos o trimestre cun proxecto de Ciencias Naturais. Este proxecto centrouse no bloque 4 do currículo, investigamos coa matería, a enerxía e os recursos enerxéticos do planeta.

  • Temporalización: 15 febreiro ata final de marzo.

  • Motivación: O longo de varios días apareceu na pantalla dixital da clase a portada do “genially” que ía a ser a nosa folla de ruta para o desenrolo do proxecto.

Estaban todos/as intrigados sobre como podían axudar á terra. Partindo deste punto, seguimos traballando a partir das distintas páxinas do genially.

 

 

As tarefas finais do proxecto foron:

1.- Elaborar un vídeo explicativo dos obradoiros que fixeron, sobre a matería e a enerxía, por equipos. Estos obradoiros foron: Transformamos enerxía química en enerxía eólica Transformamos enerxía potencial en enerxía cinética Experimentamos coa luz Xogamos cos cambios de estado.

 

2.- A segunda tarefa consistiu en determinar a cantidade de gas contaminante que emitimos cada un de nós no noso traxecto ao cole cada día.

Coa aplicación google maps cada alumno/a diseñou o seu traxecto diario da súa casa ao cole e despois calculou canto anhídrido carbónico emite o seu medio de transporte cada día, según os kilómetros que faga e o medio que utilice. Pola lei de privacidade dos datos do alumnado non podemos mostrar estes traballos.

En 5º de primaria a folla de ruta estivo marcada polo seguinte genially:

 

As tarefas foron:

1. Experimentar coa materia e obter conclusións e a realización de circuitos eléctricos

Hecho con Padlet

 

 

2. A realización dun tríptico sobre recomendacións para un bo uso enerxético nas nosas casas.

 

Este tríptico foi repartido por todas as aulas do centro. Por parellas o alumnado de 5º foi dando as explicacións correspondetes sobre as súas conclusións despois de ter traballado con diferentes enerxías. No seguinte vídeo podedes ver algúns deses momentos:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet