Entroido 2020

Despois duns días de moitos preparativos, por fin chegou o día do desfile.

Este ano tivemos un aliado perfecto, o sol, así as nosas comparsas, facendo referencia a distintos temas do noso P.D.I. anual "Vigo, cidade de cores" luciron fantasticamente.

Un cento de "Dinosetiños e dinosetiñas" tomaron as rúas coa súa cor verde; un grupo. ben grande de "Merdeiros e merdeiras", animaron a mañán e encheron a rúa do seu cheiro característico; "Os anunciantes dos museos" fixéronnos unha proposta moi interesante para estes días de Entroido; e, o pasado chegou ao noso barrio cuns "Vigueses e viguesas da Reconquista".

Cunha grande expectación, e centos de móviles e cámaras recollendo o momento, demos un bo paseo polo barrio. Xa moi cansadiños e cansadiñas voltamos ao cole para desfrutar dunhas xornadas merecidas de descanso.

Queremos aproveitar para dar as grazas a todas as familias que participaron dalgún xeito nos obradoiros de creación dos disfraces, sen elas sería imposible; e tamén os pais e nais que nos acompañaron e amenizaron o desfile coas gaitas e pandeiretas.

Deixámosvos as primeiras fotos dos grupos, desfrutade con elas.

 

 

 

Premendo na seguinte imaxe atoparás moreas de fotos e vídeos que o mestre Jose fixo durante o desfile.

Grupo musical

 

 

Durante toda a semana estivemos ben atentos/as "Os mandadiños do meco"

 

Tamén o luns, que e o día adicado a postres caseiros, dentro do calendario de merendas saudables, compartimos sobremesas de entroido, estaban ben boas!

 

 Jorge, pai de Xorxe de 6ºB, realizou un obradoiro sobre "Os Meredeiros" que recollemos no seguinte vídeo:

 

 

Bo entroido 2020!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet