SAÍDA A BUEU

Os nenxs de 2° grazas o programa Ti si que es un bo peixe puideron disfrutar dunha xornada estupenda coa visita ao porto, lonxa e praza de abastos de Bueu.

No porto coñeceron as diferentes artes de pesca e as especies que se capturan sendo o maior protagonista desta zona o polbo.

Na lonxa aprenderon como os mariñeiros clasifican, pesan e miden os peixes respectando os tamaños mínimos das diferentes especies e a importancia do seu correspondente etiquetado.

Puideron experimentar como se leva a cabo unha subasta de peixes.

Na praza de abastos foron pasando polos diferentes postos nos que os praceirxs lles foron mostrando e explicando as diferentes especies de peixes e mariscos.

A visita rematou coa degustación dunha merenda mariñeira na que coñeceron a importancia do valor nutricional dos peixes e mariscos na nosa alimentación.

 

Se premedes neste link accededes ás fotos publicadas no programa

bo peixe programa

Powered by Drupal - Design by artinet