OBRADOIROS "FAI CLIC AO TEU BOCATA"

Dentro do programa ALIMÉNTATE BEN, estes fantásticos obradoiros estiveron organizados en tres etapas.

- Etapa Formativa, explicación das características e vantaxes das conservas e visualización dun vídeo, con explicacións dunha monitora, do proceso dende que os peixes son collidos no mar ata o envasado en conservas.

- Xogos lúdicos. No primeiro xogo a través de imaxes de alimentos reflexionan e poñen en valor a importancia dunha alimentación completa e saudable. No segundo xogo pescan diversos animais mariños: vieiras, mexillóns, polbos, luras, sardiñas,,... clasificándoos por familias en latas grandes de conservas.

- Degustación dun BOCATA SAUDABLE con peixes en conserva acompañado doutros produtos sans a escoller: leituga, cebola, tomate, queixo, pemento e olivas. UMMMM!!! Estaba de vicio!!!

 

Parabéns!!!

Fai clic ao teu bocata

Powered by Drupal - Design by artinet