Celebracións

Celebracións

CUMPREANOS FIN DE CURSO E FESTA DA AUGA

CUMPREANOS FIN DE CURSO E FESTA DA AUGA E chagamos ao fINAL! Como despedida, o derradeiro día deste curso, o mércores 22 de xuño, celebramos os cumpreanos das nenas e nenos que cumpriron anos durante este último trimestre. Foi un día especial e de festa! Porque ademáis de celebrar os cumpres , rematamos mollados de arriba a abaixo primeiro coa espuma e logo coa auga.

GRADUACIÓN EDUCACIÓN IFANTIL

GRADUACIÓN EDUCACIÓN IFANTIL E chega o momento... Chega o o momento de facer o salto, o paso, a transición... Logo virán máis (instituto, universidade, vida laboral...). Pero este é o PRIMEIRO! As nosas e os nosos alumnas e alumnos de 6º de Infantil, pasan a Primaria! Nervios, risas, bágoas, emocións a esgalla vivimos o pasado martes 21 de xuño acompañados polo resto de compañeiros e compañeiras de Infantil, de todas e todos os mestres e das familias. Disfrutamos os primeiros intres lembrando os momentos máis emotivos e significativos destes tres anos marabillosos que pasamos xuntos e que se fixeron tan curtos. Deixámosvos tamén estas fotos que nos quedarán como unha gratísima lembranza. Grazas a todas e todos por compartir con nós esta etapa de Educación Infantil. Moita sorte en Primaria! Moitísimos bicos !!!!!!!

FESTA DAS LETRAS GALEGAS E FIN DE PROXECTO

FESTA DAS LETRAS GALEGAS E FIN DE PROXECTO O martes 7 de xuño, e coma todos os anos, celebramos a Festa de Fin de curso e de fin de Proxecto (este ano “Entre liñas anda o xogo”) ao mesmo tempo que homenaxeamos as letras galegas. A organización deste día volveu ser coma en anos anteriores. A primeira parte da mañá, todo o alumnado de educación infantil máis o primeiro curso de primaria, estivemos xogando cos xogos populares que traballáramos cada aula no primeiro trimestre coa aplicación “Snapguide” dos Ipads: A pita cega; escondite inglés; a corda; pasemisí; a cigoña; a bomba; escondite, pés quedos. A segunda parte da mañá fixemos talleres de manualidades … E pola tarde celebramos o festival das letras coas actuacións de todo o alumnado para as familias.

CUMPREANOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2016

O día 18 do pasado mes marzo celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos entre xaneiro e marzo deste 2016. Xa vai máis da metade do curso pero co ben que o pasamos e co felices que estamos non temos gañas de que remate... Que ricas estaban todas as tartas e postres, e cómo nos divertimos! A verdade é que Frianciño está desexando que cheguen as celebracións dos nosos cumples para vir a celebralos con nós. Xa nos queda unha soa celebración neste curso. Ata daquela!

 

Powered by Drupal - Design by artinet