Traballos escolares

traballos escolares

RECIBIMOS UNHAS CARTAS MOI ESPECIAIS!!

Os nenos e nenas de 2º A recibimos unhas cartas moi especiais dos nenos e nenas de 2º do Ceip de Cedeira. Que alegría!!!

Agora tocounos a nós responderlles. Puxemos moito empeño para que nos saíran moi ben.

Botade un ollo!!!

MOITAS GRAZAS AOS NENOS E NENAS DO COLEXIO DE CEDEIRA E A SÚA MESTRA POR ESTA GRAN EXPERIENCIA!!!!

DESEXÁMOSVOS UN BO VERÁN!!!

PROXECTO DOS SERES VIVOS

Os nenos e nenas de 1º A estiveron a investigar, durante o curso, sobre os seres vivos (tipos, características, exemplos..)

Canto aprenderon!! Aquí vos deixamos a mostra de todo o seu esforzo e traballo.

 

 

CARTELERÍA DIXITAL PARA CELEBRAR O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O alumnado de 6ºB moi concienciado co coidado do medio ambiente; e facendo galo do seu bo manexo co gimp (editor de imaxes), elaboraron os seguintes carteis dixitais.

Botade unha ollada, premendo na imaxe:

medio ambiente

ESCOLMA DE TRABALLOS DAS LETRAS GALEGAS 2012

CARTELERÍA DIXITAL NAS AULAS ABALAR

Deseñamos carteis para o Día das Letras Galegas 2012. Empregamos o  programa gimp, que durante este curso, estamos a coñecer.

 

 

 

POEMA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

Vídeo do poema de Valentín Paz Andrade, "Cando ti chegues polo mare". Ilustracións  e voces de 5ºB.

MARCAPÁXINAS 50 ANIVERSARIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS E CRAQUELADOS DE     ROSALÍA DE CASTRO E VALENTÍN PAZ ANDRADE 

 

CARICATURAS DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

Traballos realizados por 6º B

TRABALLO DIXITAL, EN FORMATO GLOSTER SOBRE A VIDA E A OBRA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

TRABALLANDO DIXITAL

Os alumnos de 5º de primaria están a traballar con distintos programas do equipamento abalar. Esta vez, tocoulle o turno a Freemind. Con este programa podes diseñar os teus propios mapas conceptuais, para así estudar mellor. Deixámoste aquí unha mostra:

 

Powered by Drupal - Design by artinet