Tardes de conto

"Ranilda" nas tardes de conto

 
Na tarde de conto do martes 24 de xaneiro, Zoe de 5 anos A, a súa nai Tere e o seu pai Carlos contáronnos o conto de "Ranilda"; despois de escoitalo con moita atención fixemos unha ratiñas moi bonitiñas.
 
 
Moitas grazas familia, pasamos unha tarde estupenda!

Tarde de conto: "Amigos"

 

O martes 17 de xaneiro, Cristian de 2º B e a súa nai Ana contáronnos o conto "Amigos".

Xuntos e xuntas realizamos unha actividade de peixes estupenda.

Moitas grazas, por unha tarde tan estupenda!

Guardar

Tarde de conto con "Ratiños"

 

Arrincaron  as tardes de conto do 2017 este xoves 12 de xaneiro, con David de catro anos B e a súa nai Pilar. Elixiron nesta ocasión contos de "Ratiños".

Xa veredes que ratiños máis preciosos fixemos!

 

Moitas grazas, bo xeito de empezar o ano!

O Apalpador nas tardes de Conto.

O xoves 15 de decembro no hall de infantil Naia de 2º B e a súa nai contáronnos "O conto do Apalpador". Aproveitamos para facer manualidades para este Nadal.

Deste xeito tan divertido rematamos o trimestre das nosas tarde de conto!

 

Moitísimas grazas e ata o vindeiro Ano!

Tardes de conto con "Ricitos de Ouro"

A nai de Lía Pérez, Montse Vázquez, contounos dun xeito moi atractivo o conto de "Ricitos de Ouro" e "A cor de quita".

 

 

Coma vén sendo habitual, despois do conto, un obradoiro onde o pasamos xenial.

Deixamos unha fotos dos mellores momentos:

 

Guardar

Powered by Drupal - Design by artinet