Vivindo san no cole Frian

Sobremesas con leite

A almorzar!!


Bos días!!

 

O 1 de febreiro de 2018, na clase de 5ºA do C.E.I.P. Frian Teis, Graciela apareceu cun manxar espléndido… filloas!! A nena, compartiu coas clases de 5ºA e 5ºB esta sobremesa caseira.

 

Graciela recolleu a leite sobrante da aula e cando tivo o suficiente leite comezou o traballo que quería mostrar aos seus compañeiros/as.

 

Así que… a que esperan?

Recolllede o leite, que fai unha nata estupenda, e fagan este espléndido manxar... e non te esquezas de compartilo!!!

 

Crónica de Graciela

LEITE CON CACAO SOLIDARIO

cacao

Os alumnos e alumnas de segundo B estamos a tomar durante estos días a leite acompañada de Cacao soluble solidario de Oxfam  e  moi saudable xa que contén azucre moreno e cacao sen aditivos.

cacao e leite 1

 

cacao leite 2

Que saborosoooooo!!!

 

"SANIFIESTA" no Auditorio do Mar

A Concelleria de Medio Ambiente coa colaboración do grupo Vegalsa Eroski dinamizou ao longo do día 01 de marzo de 2018, unha actividade didáctica de alimentación saudable co título de “SANIFESTA”. Tratábase de fomentar o costume de interpretar o etiquetado dos alimentos entre os mais pequenos, co obxectivo de que se familiarizaran co contido obrigatorio que debe aparecer nas etiquetas dos produtos.

Esta actividade desenvolveuse no recibidor do Auditorio Mar de Vigo, con case 300 alumnos de Ensino Primario (de 3º,4º, 5º e 6º) do Concello de Vigo: Eduardo Pondal, Frian-Teis, Lope de Vega, Sobreira-Valadares e Otero Pedraio, que participaron nas actividades de “Come Rico, Vive San" e de "Dalle Valor ao Peixe” (durante o primeiro trimestre) dende as 09:45 horas ata as 13:00 horas.

O alumnado deste 5 colexios participamos nun taller de nutrición e outro de cociña saudable impartido polo chef con estrela Michelín Luis Veira, de Árbore da Veira, e os chefs Javi Freijeiro e Moncho Bargo de Coruña Cociña. Tamén fixemos exercicio e baile da man de Nova Galega de Danza. O alcalde, Abel Caballero, e a edil Chus Lago, respaldaron a iniciativa. A seguinte montaxe da mostra do que vos contamos...

SAÍDA AO SUPERMERCADO GADIS

 O alumnado de 1º de primaria disfrutou dunha xornada moi instrutiva na que coñeceron as distintas seccións dun supermercado: froitería, peixería, conxelados,…

Aprenderon a buscar nas etiquetas dos produtos o seu valor nutricional para poder escoller o máis axeitado ás necesidades do seu corpo: hidratos de carbono, graxas, vitaminas,…E tamén os tipos de peixes: azuis, brancos e semigraxos.

Agradecemos os agasallos recibidos!

Powered by Drupal - Design by artinet