Venres de Viva Voz

5 anos B no seu Venres de Viva Voz

Esta semana os alumnos e alumnas de 5 ANOS B presentan no seu Venres de Viva Voz unha homenaxe ao inverno. Recitan e escenifican unha poesía popular desta estación do ano.

Disfrutade co seu vídeo:

 

Noraboa rapazas e rapaces de 5 anos B polo voso traballo!

Un venres de Viva Voz de Nadal

 No cole xa se nota que está chegando o Nadal. Os alumnos e alumnas de 3º A queren desexarvos un Bo Nadal no seu Venres de Viva Voz cunha panxoliña típica destas datas. Ademais de preparar a letra da panxoliña, acompañan o texto coa linguaxe de signos. A canción que traballaron  é “Los peces en el río” de Shaila Durcal.

Bo traballo! 

 

 

                                                                                         Grazas rapaces e rapazas de 3º A!

Bo Nadal para todos e todas!

Os Venres de Viva Voz, despídense ata o ano que vén.

Feliz 2018!

 

 

4º B no seu Venres de Viva Voz

 Esta semana, os alumnos e alumnas de 4ºB, presentan no seu Venres de Viva Voz a canción "Ola, Ola, La!" do grupo Mamá Cabra. Esta canción esta relacionada co noso proxecto, Vivindo san no cole Frian, e lémbranos uns conselliños moi importantes para ter en conta na nosa alimentación , sobre todo co tema da froita.

                      Magnífico traballo!!   

GRAZAS RAPACES E RAPAZAS DE 4º B !

 

 

 

Recitamos: "A maceira"

Esta semana  os alumnos e alumnas de 4ºA presentan no seu Venres de Viva Voz unha  poesía titulada“A maceira” . Esta poesía está adicada á árbore que apadriñaron e que están a traballar no mes da ciencia seguindo a Baltasar Merino. Ademais de preparar a poesía recitada, tamén fan unha versión rapeada.

Bo traballo!

GRAZAS POETAS, POETISAS, RAPEIROS E RAPEIRAS DE 4ºA !

5º B no seu Venres de Viva Voz

Esta semana  os alumnos e alumnas de 5º B presentan no seu Venres de Viva Voz outra receita

 Terroríficamente Saudable “Bombóns de froitas”. Ademais de preparar este prato, estiveron investigando na historia dun aparello de cociña moi utilizado, o microondas. Engadindo a súa exposición un detallado informe sobre os cambios de estado.

                                       

       Disfrutando e aprendendo na cociña!!

                                              

          GRAZAS 5º B

 

Powered by Drupal - Design by artinet