Obradoiros coas familias

CONTINUAMOS COS OBRADOIROS ! A POR TODAS!

Comezamos este mes de marzo con dous obradoiros moi interesantes.

Na clase de 3 anos A , Lorena , a mamá de Álvaro que traballa nun super quixo deleitarnos cun obradoiro de peixe.Coñecimos diferente xénero, os seus nomes, como se desplazan, puidemos tocar e coñecer mais de cerca o mundo do peixe que tan san é na nosa alimentación.

Na clase de 4 anos B, Cristina , a mamá de Isaac, acompañounos neste venres para realizar un obradoiro de molinillos de vento. Con folios de cores e moita ledicia por esta visita realizaron uns molinillos moi divertidos.

Non vos perdades este video cun resumen destes obradoiros.Grazas a todas as mamás por vir e formar parte desta iniciativa!!

Obradoiro Mamá de Xoana 23/02/18

Paula a nai de Xoana visitounos este venres. É mestra de Inglés e preparounos actividades de movemento no que aprendimos vocabulario .Encantounos correr dun sitio a outro buscando imaxes .Construimos quebracabzas de ovos;deunos unha parte dun ovo e tivemos que atopar a que faltaba.Foi xenial cando atopamos a parte que faltaba e vimos que coincidían.

Logo cantamos unha canción con xestos para practicar o vocabulario en inglés aprendido e finalmente contunos unha histoira de ovos " Eggs"para rematar a sesión.

Grazas Paula por compartir esta experiencia con nós.

ESTE VENRES VISITÁRONNOS AS MAMÁS DE 4 ANOS

Este venres abrimos de novo a escola ás familias.

Nesta ocasión foron as mamás de 4 anos as que nos visitaron para realizar actividades moi divertidas.

Lorena, a mamá de Mario, colaborou cos nenos na elaboración duns botes da calma, que ademáis de relaxantes son moi decorativos.Os nenos/as escolleron cada un a cor do seu bote para levalo para casa.

Tania, a mamá de Alba, é auxiliar de enfermería e traballamos con ela algúns conceptos básicos; vendaxe, mascarillas, primeiros auxilios...

Marta, a mamá de Juan, visitounos tamén e fixemos un horto urbano sementando cebolas, amorodos e acelgas que despois transplantaremos. Eso sí non vos esquezades do sol e da auga.

GRAZAS A TODAS POR VIR, E ATA O PRÓXIMO OBRADOIRO!!

 

 

 
 

 

 

 

ABRIMOS A ESCOLA ÁS FAMILIAS

Este primeiro venres de febreiro comezamos en infantil os obradoiros das familias. Neste caso inauguraron esta iniciativa María, a nai de Helena de 3 anos A, cun obradoiro de caretas moi divertidas que colorearon os máis pequenos do cole.

Por outra banda Begoña e Miguel (os pais de Thais) de 4 anos A que levaron a cabo un obradoiro de plastilina caseira onde fixeron moitas froitas e algunha verdura. Un pouco de agua con cor, fariña, aceite, sal e pringarse un pouco as mans foron os ingredientes necesarios.

Grazas a todos por participar, ata os vindeiros obradoiros!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet