Primaria

MOVÉMONOS POLOS NOSOS MARES 1ºB

O noso traballo de este curso, que está inmerso no PDI do centro “Somos activas e activos, súmaste?” , trátase da concienciación  sobre a utilización dos plásticos dun só uso e o prexuízo  e influenza na vida dos océanos e mares.

   Durante todo o curso fixemos un traballo de investigación na procura de información sobre a onde van parar o nosos residuos e o dano que están facendo  a noso vida mariña. Para iso utilizamos a internet ou libros que conseguimos na nosa biblioteca do centro.

 

   Visualizamos moitos vídeos e fotos sobre illas de plástico flotando nos océanos, animais atrapados en bolsas ou redes de pesca, etc. Isto causounos moita impresión,  así que,  continuando co traballo que realizou 1º A sobre “ a duración do plásticos no medio ambiente” ,  e en coordinación con eles/elas dixemos  un traballo sobre o que debemos facer os humanos para evitar cada vez máis a utilización de plásticos de u só uso.

   Tamén investigamos a persoas que loitan polo noso planeta como a Sylvia Earle e o seu traballo como bióloga mariña ou a Greta Tunberg, unha nena que decidiu loitar contra o  cambio  climático.

 

   Nós,  na aula, queixemos seguir “a súa estela” loitando e “movéndonos” polos nosos mares, facendo ademais pancartas e carteis para visualizar o problema.

 

 

   A aula de 1º B presenta un video-montaxe resumindo o noso traballo.

 

MOVÉMONOS POLOS NOSOS MARES 1º A

O PDI no que traballamos en 1º A centrouse  na contaminación que sofren os nosos mares por culpa dos plásticos.

Neste video queremos  compartir con vós o que aprendemos e queremos invitarvos a dicir

"  Non aos plásticos , non á contaminación "

Enquisa en que vés ao colexio?

Nun paso máis para se activos e activas dentro do PDI: "Nós somos activos/as. Súmaste?" o alumnado de sexto este curso estivo pensando que sería estupendo poder vir ao cole camiñando, en bici, acompañado dos amigos e amigas.

Que impide facelo así?

Temos que coñecer as problemáticas de cada alumno e alumna, analizar as respostas, sacar conclusións e poder dar solucións aos distintos problemas que os entrevistados sufran.

Se eres tan amable contesta as seguintes preguntas, pensa que poden ser o primeiro paso para mellorar o noso camiño ao  colexio, enquisa dixital

a realizar por 4º, 5º e 6º

Estás preparado?

 

Enquisa formato papel para o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º

Os resultados da enquisa podes lelos na seguinte presentación:

 

Comeza a acción con 5º

“COMEZA A ACCIÓN”

 

   Baixo o nome de"Comeza a acción", as alumnas e alumnos  de 5º quixemos facer unha investigación da relación do noso cerebro coas emocións e coa nosa capacidade deatención, concentración e relación cos demais. Necesitamos aprender estratexias para estar máis atentos, máis concentrados, controlar mellor as nosas emocións e levarnos mellor, favorecendo unha convivencia máis pacífica.

 

Repartimos este traballo por equipos. Cada equipo realizou unha tarefa. Tivemos tres sesións para traballar nos equipos e despois expuxemos o noso traballo aos compañeiros/as.

 

                  ÁNIMO A INVESTIGAR  E ... COMEZA A ACCIÓN!!

 

-EQUIPO DOS CEREBROS:  A nosa tarefa foi facer unha exposición das partes do cerebro e das súas funcións.

 

-EQUIPO DAS EMOCIÓNS :   A nosa tarefa consistiu en explicar que son as neuronas espello e por que se contaxian as emocións.

 

-EQUIPO DOS OPTIMISTAS: A nosa tarefa consistiu en explicar como podemos entrenar ao cerebro para ser máis optimistas.

 

-EQUIPO DAS TARTARUGAS:  A nosa tarefa consistiu en explicar como podemos autocontrolarnos ante os conflictos. Explicamos con exemplos como educamos ao noso cerebro.

 

-EQUIPO DOS EXPERTOS/AS EN IOGA: A nosa tarefa foi explicar en que consiste esta técnica e para que é útil ao noso cerebro.

 

-EQUIPO DOS EXPERTOS/AS EN MINDFULNESS : A nosa tarefa consistiu en explicar que beneficios aporta o mindfulnes para traballar a nosa capacidade de concentración.

 

Toda a información aportada por cada un dos equipos recollémola na ferramenta dixital genially. Podedes desfrutar do noso traballo:

 Lembrade:

 O cerebro é un músculo e necesita adestramento...comeza a acción

 
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet